Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

02 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 4


  Programa nº 4 ( 18-11-2017) 
Abordase o tema   da violencia de xenero.  
Logo dun tempo de silencio A xanela dás Fucas regresa ás ondas, para analizar de novo o que está pasando na contorna da muller.
Está próxima a celebración do 25 de Novembro ( Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller) polo que é necesario recordar o porqué desta celebración. Escoitamos as palabras do documental rodado na Republica Dominicana que fan presente ás Irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), as Bolboretas.
Non podemos deixar pasar por alto o que esta pasando no xuízo da   “manada” pola violación nos San Fermines. Tamén se fala do Tribunal de Mulleres Contra a Violencia de Xero que se celebro o 3 de Novembro no Congreso dos Deputados de Madrid.
Felicitamos a Rosa Méndez a primeira muller en España presidenta do CSIC e apúntanse os diversos actos que se celebrarán desde as distintas asociacións o 25 de Novembro en Ferrolterra.
Non podemos esquecer as 50 mulleres asasinadas no que vai de ano,  nin os 5 fillos e fillas durante este 2017.
Fucas que participan: Inés Bouza López,    Chelo Carballal Balsa,  Esperanza Vidal Mtnez,   Lucia  Vizoso  Amado;
Como Padriños:   Vicente Irisarri  Castro e   Pepe  Cuña.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova;   Dignificada (Lila Downs);  A paz esquiva  (SES).
Audio do documental: As Mariposas, As irmans Mirabal


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails