Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

01 dezembro, 2018

A xanela das Fucas Nº 12



Programa   Nº 12 ( 8-11-2018)

A Xanela das Fucas  hoxe convida a  un grupo de   mulleres  que  realizaron un calendario   para recaudar fondos  para a  investigación   aredor da biopsia líquida. 
Desbordan vitalidade ,  ilusión  e desexo de que  este  tipo de investigación abarque o maior  numero posible de  persoas.
Nos relatan  como se encontraron e  como   iniciarón   este proxecto,  despois de outros anos facer  outro tipo de   accions. 

A biposia líquida, tamén coñecida como biopsia de fluído ou biopsia en fase fluída, é unha proba análitica que se realiza nunha mostra de tecido biolóxico non sólido, principalmente sangue. 
O Grupo de Oncoloxía Médica Translacional (Oncomet) queren  desenvolver un proxecto de investigación dirixido a caracterizar distintos tumores a través de mostras de sangue (Biopsia Líquida) de doentes oncolóxicos de Galicia, co obxectivo de estudar  a súa evolución e obter información sobre os mecanismos polos cales se produce a metástase ou se activan resistencias aos distintos tratamentos.
En concreto, buscan  marcadores que  acheguen información sobre o mellor tratamento a escoller e en que momento os doentes deixan de responder ao referido tratamento.  Procuran  tamén marcadores que  permitan diagnosticar a doenza en estadios temperás, cando as opcións de cura dos doentes son maiores.
Calquera doente con cancro pode beneficiarse dos resultados deste proxecto.
O coñecemento xerado por este proxecto pódenos fornecer evidencias para, adiantármonos na diagnose ou para tratarmos a doenza en estadios máis temperás, ou para a selección de tratamentos Toda a información será de gran utilidade para facer a medicina de precisión en oncoloxía. 

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Ana Belén López Verez, 
Convidadas:   Como  participantes  no calendario: Aurora   Beceiro ,   del Mar  Santiago  Pérez, Amelia Seijas  Díaz, Eyda L.  Osorio, Sonia  Fernandez  Bellas.

 Como  observadoras:  Sarah  Díaz Lamas,  Eva Tizón  Bouza.  

A música que escoitamos: A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova); Mujer de las mil Batallas   (M.  Carrasco); Vivir  (Rozalen  e  Estopa).


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails