Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

28 setembro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO 21

PROGRAMA Nº21. LUNS 24 SETEMBRO 2018.

Sintonía, presentación e intervención de Roberto Taboada que fai avaliación do pasado proxecto “Cidade Alegre” desenvolto o domingo 23. Avaliación positiva e demanda de intervención administrativa, máis alo dos parabéns.

Continúa o programa coa presentación dos compoñentes do colectivo Ferrolterra Antiga. Antonio, Rubén e Manuel que neste programa analizan historicamente a ”Setembrina” con atención preferente aos acontecementos revolucionarios que neste contexto se deron en Ferrol.

Daniel Rodríguez presenta a súa solicitude no apartado ”Vivo, penso e declaro”.

Chus Prieto, en representación do Teatro do Muíño, logo de falarmos do teatro e do teatro en Ferrolterra, pasa a facer balance do traballo do curso pasado e das obras traballadas, ”O futuro” “ Un día ao ano non fai dano” e “Pepe Andrea.” Remata Chus expoñendo ideas e programa do novo curso e dos ánimos redobrados para inicialo. 

Despedida desta emisión e “Camiñar, camiñar”.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails