PROGRAMA Nª 20 . LUNS 17 SETEMBRO
2018.
Comezo do programa coa
información de Roberto Taboada relativa á posta en marcha do Comedor sénior. Pasa
logo a informar sobre a Xornada de
mobilidade a celebrar o vindeiro domingo 24.
Rafa Rodríguez desenvolve Outra Información é posible partindo de
información local para logo expor temática de ámbito cidadán, galego, estatal e
ata mundial.
Martín Otero, dende a súa
mocidade expón Vivo, penso e declaro,
facendo unha grande defensa da música, paixón da súa vida.
Olga Romasanta presentou de xeito
ameno e científico o percorrido Ferrol
Rebelde. Neste percorrido realizou Olga paradas en lugares de Ferrol onde
persoas e colectivos deixaron pegadas na loita rebelde na procura dun mundo
máis xusto.
Despedida, agradecementos e Camiñar, camiñar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário