UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa Nº 5. Luns 20 de novembro de 2017
Programa monográfico co título Violencia de xénero nunca máis .
Asisten ao programa Chus Prieto, traballadora
social e docente de teatro, Ana Cobo, Psicóloga experta en igualdade, Inés
Bouza, Presidenta de Alvixe (Asociación para a loita contra a violencia de
xénero), Noelia Darriba, educadora social e terapeuta, socia fundadora de
Atalaia, Verónica Cinza, socia e usuaria de Alvixe.
Tamén tivemos en directo a Maite
Dacosta, cantante, actriz docente de teatro. Maite comezou o programa coa
interpretación da canción Certo pan de
cada día.
Debate sobre a denominación
correcta concluíndo todas as presentes en que a denominación máis correcta é
Violencia machista.
Xustificación da data, actos a
celebrar na comarca, implicación das administracións, fiabilidade de campañas e
números, proceso da violencia…e unha hora
de debate que quedou curta.
Debate dende a razón e dende o
corazón. Maite pechou a emisión deste emotivo programa coa canción Minoría Mulher.
Nenhum comentário:
Postar um comentário