Vini Reilly (The Durutti Column) |
Edición nº 75 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Quinto e último achegamento a Durutti Column, banda post-punk xurdida en Mánchester en 1978, e ao seu principal baluarte, Vini Reilly. A formación ligada estreitamente ao Factory Records, tamén publicou as súas obras ao través do selo belga Les Disques du Crépuscule ou do italiano Materiali Sonori. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén de novas tendencias.
A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/.
Músicas:
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".
Nenhum comentário:
Postar um comentário