Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

07 setembro, 2015

Persoas a título individual, políticos, colectivos e profesionais da comunicación amosan o seu apoio ao cadro de persoal do Diario de Ferrol.

Tal e como relatamos no último boletín informativo de Rádio FilispiM, o pasado mércores 2 de setembro, tivo lugar a primeira das dúas xornadas de mobilización do cadro de persoal do Diario de Ferrol. Así, centos de persoas amosaron o seu apoio concentrándose as portas da sede da cabeceira ferrolá, na Rúa Galiano, e despois, en manifestación até a praza José Couso en Esteiro, onde, Nicolás Vidal, (un dos xornalistas máis veteranos do xornal) leu un comunicado.

Nestrouto boletín radiofónico, oferecémosvos unha colleita de audios, con voces de persoas que a título individual, en representación de colectivos, mesmo coma xornalistas doutros medios de comunicación, amosaban a súa solidariedade co cadro de persoal e as xornalistas despedidas recentemente, apostando pola continuidade dunha cabeceira que garanta a pluralidade informativa, mesmo a difusión de información local, na cidade de Ferrol.

Entrevistas_1:
- Grupo de asistentes.
- Victor Ledo (CC.OO)
- María Xesús Arias (Radio Fene - Radio Fusión)
- Xan (CIG).
- Guillermo Ferrández (Poesía Salvaxe)
- Karlotti (Poesía Salvaxe)
- Fernando


Entrevistas_2:
- Pablo Portero (creador audiovisual, ex colaborador Diario)
- Elena
- José Torregrosa (Fuco Buxán, ex colaborador Diario)
- Anxo Ferreiro (colaborador Diario de Ferrol)
- Pepe Cunha (Colectivo Opaii!, Ábretedeorellas, ex colaborador Diario).


 Entrevistas_3:
- Jorge Suárez (Alcalde de Ferrol).
- Xan Morales (xornalista deportivo, ex presidente Clube de Prensa de Ferrol).


Entrevistas_4:
- Germán Castro (primer director fundador do Diario de Ferrol)


Entrevistas_5:
- Iván Rivas (edil e voceiro do BNG en Ferrol).
- Nicolás Vidal (xornalista do Diario de Ferrol dende maio de 1999)
- Bruno (asistente a manifestación).


Entrevistas_6:
- Beatriz Sestayo (tenente alcalde, PSOE, Ferrol)
- Henrique Sánfiz (xornalista, Director Radio Fene, Radio Fusion).
- Helga Méndez (actriz).

Informaron Pequeno Monstro e Pepe Cunha para Rádio FilispiM

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails