
Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o
Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, véuse obrigado a abandonar o mítico estudio "metro cadrado"o pasado 29 de xuño de 2010 e a procurar un novo espazo. Como consecuencia desto, tivemos un apagon de pouco máis de dous meses e medio nas nosas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 farían
cinco anos.
Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes (sexta feira, 17 de setembro) conseguiron volver as ondas as emisións da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende a traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).
As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía (93.9 FM) nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes a este blog e vía e.mail a
filispina@gmail.com
Ao pé desta entrada ofeceremos as
imaxes da instalación das equipas no novo estudio do bairro de Caranza (a historia paso a paso). O audio estámolo a editar.
En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM (2010/2011), que estreará a nova ubicación. Así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.
Finalizamos este comunicado agradecendo a solidaridade de todas aquelas persoas que amosaron a súa disposición a colaborar na procura dun novo espazo para a radio libre e comuntaria de Trasancos, durante estes dous meses e medio que durou esta nova batalla "filispiniana". Grazas sobre todo por colaborar con xeneroxidade e sen protagonismos, de acordo aos principios fundacionais do Colectivo Opaii! -Rádio FilispiM. Obrigad@s a tod@s!! Avante coa rádio libre e comuntária!!
Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.
Carrusel de imaxes: instalación do novo estudo da FilispiM no local da traseira do Mercado de Caranza.