Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes (sexta feira, 17 de setembro) conseguiron volver as ondas as emisións da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende a traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).
As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía (93.9 FM) nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes a este blog e vía e.mail a filispina@gmail.com
Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes da instalación das equipas no novo estudio do bairro de Caranza (a historia paso a paso). O audio estámolo a editar.
En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM (2010/2011), que estreará a nova ubicación. Así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.
Finalizamos este comunicado agradecendo a solidaridade de todas aquelas persoas que amosaron a súa disposición a colaborar na procura dun novo espazo para a radio libre e comuntaria de Trasancos, durante estes dous meses e medio que durou esta nova batalla "filispiniana". Grazas sobre todo por colaborar con xeneroxidade e sen protagonismos, de acordo aos principios fundacionais do Colectivo Opaii! -Rádio FilispiM. Obrigad@s a tod@s!! Avante coa rádio libre e comuntária!!
Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.
Carrusel de imaxes: instalación do novo estudo da FilispiM no local da traseira do Mercado de Caranza.
Carrusel de imaxes: instalación do novo estudo da FilispiM no local da traseira do Mercado de Caranza.
3 comentários:
Parabéns !!
Em Catabois, nas inmediaçons do Hospita "Arquitecto Marcide" e no Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro" escoita-se moi bem.
Saúde e Liberdade !
Inácio
En zona de R/Lepanto [Caranza] escoitase moitisimo mellor que antes,en Esteiro segue a escoitarse moi ben.
En Fene escoitase igual [aceptábel]. Dirección Coruña [Laraxe] comeza a escoitarse mal [peor que antes].
Paradoxalmente, xa en Corunha City, escoitase moito mellor [sempre dende a radio do carro] en zonas como Orillamar [o escaner da radio incluso parábase automaticamente ao poñelo a buscar emisoras].
En resumo: gañamos cobertura [a esto traducirase en ouvintes potenciais] nos bairros de Ferrol [seguro que en Narón, Neda e Xubia] e perdimos cobertura en terra de "ningúen" [algúen ten datos da zona de Narón, Neda, Xubia????].
Postar um comentário