Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

19 maio, 2009

030 Divertimento Para Pequenos Monstros - Pallasos en Rebeldía [1]

[divertimento.jpg]
Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso.

Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.

Así apresentanse na súa web, www.pallasosenrebeldia.org, este colectivo solidario galego que entre o 21 abril e 5 de maio deste ano 2009, levaron o espírito da risa e do clown a Palestina.

Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.

Xa no ano 2002 levouse ao cabo a primeira viaxe á Palestina. Na altura colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa para as e os palestinos poderen afrontar dun xeito diferente a realidade do día a día. Daquela a viaxe foi filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado “Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso”.

Apoiando o traballo dos artistas galegos andan a Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer.

Dende Divertimento, a xeito de recoñecemento ao traballo que están a fazer Pallasos en Rebeldía, realizamos este humilde traballo que tenta adaptar radiofónicamente as diversas crónicas que fomos recibindo da recente viaxe a Palestina do riso solidario.

Nesta edición oferecémosvos a primeira das partes do especial. A semán que vén colgaremos a segunda metade, coa adaptación do resto das crónicas.

Ademáis temos editado os audios, de xeito que teñas as crónicas da un a nove para descargar, aquí: http://pequenosmonstros.blogspot.com/2010/06/adaptacion-radiofonica-das-cronicas-de.html

Descargar o arquivo

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails