Quen Somos?
O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información, cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante: a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim.
2º OPAII - RFM, apoia un modelo económico no que o importante sexan as persoas e o su desenvolvemento persoal, fronte a un modelo que fomenta a competición e o indiviualismo, onde o importante son os beneficios económicos. Un modelo que non permita a existencia de relacións de sumisión ou dependencia que limiten a liberdade do proxecto. O modelo de xestión económica que adopta OPAII-RFM pretende fomentar a axuda mutua dirixida por uns principios éticos. Así, entendemos que a autoxestión, é o modelo económico que posibilita que OPAII-RFM, responsabilice ás persoas participantes no proxecto da súa financiación, e procure a independencia e autonomía, tanto do Colectivo como do proxecto en si mesmo.
3º O colectivo OPAII-RFM, empregará sempre a lingua galega, xa que estamos nunha realidade (máis concretamente á ferrolá), que queremos transformar e nese camiño optamos por potenciar a lingua propia e loitamos contra a marxinación da mesma a nível comunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser un medio de normalización e espallamento da cultura galega, por todo isto este colectivo porá os medios necesarios para que exista unha normalización lingüística, tanto nas ondas como ao través de calquera outro tipo de medio. Pensamos que a cuestión da lingua non se soluciona obrigando a ninguén a súa fala. Entendemo-la coma un problema de convencimiento propio, polo que na radio e no colectivo convivirán persoas e programas feitos en galego, castelán e outras linguas. En OPAII-RFM, todas e cada unha das variantes gramaticais do universo lingüístico galego-portugués convivirán en igualdade de oportunidade, no seio do colectivo.
5º No que se refire a defensa do medio, OPAII.RFM, defende un desenvolvemento da humanidade respetuoso coa natureza, e implicarase de xeito activo na defensa do medio ambiente, actuando en distintos puntos: denunciando os atentados contra o medio ambiente, promovendo alternativas que posibiliten un aproveitamento racional e ético dos recursos, colaborando cos grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difusión das campañas de sensibilización. No día a día do colectivo, aplicarase a regra dos tres erres: reutilizar, reciclar e reducir.
O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información, cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante: a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim.
Este instrumento de comunicación, pretende ser útil as persoas, colectivos, redes sociais e culturais da comarca, sen espazo nos medios de comunicación convencionais, ou que están sendo silenciados polos mesmos. Dende o Colectivo OPAII, asumimos o compromiso de por os nosos medios a súa disposición. Radio Filispim (RFM), sendo unha actividade do Colectivo OPAII, asume como seus os principios do colectivo, que son os seguintes:
1º OPAII - RFM, organízase de forma asemblearia con todo o que isto implica, tentando crear unha actitude e posicionamento como colectivo e fuxindo da posibilidade de persoalismo ou egocentrismos, ficando específicadas claramente as opinións persoais discrepantes e as ausencias de posicionamento, para no derivar en falsos consensos.
4º Canto a linguaxe, OPAII-RFM, a considera un elemento fundamental no noso medio. Enviamos mensaxes continuamente ao través da radio, tanto musicais como faladas, por iso tentaremos despoxar á lingua e á musica de expresións racistas, sexistas, homófobas… comprometéndonos a utilizar unha linguaxe non violenta nen discriminatoria. OPAII-RFM entende que mulleres e homes debemos ser tratados con dignidade, polo que se compromete co emprego dunha linguaxe non sexista nin discrimintaria. Por todo isto, tanto nas actividades, programas ou asembleas organizadas por OPAII-RFM, non se admitirán actitudes discriminatorias.
6º OPAII-RFM pretende ser un colectivo de carácter local, e dicir, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato. Isto non quere dicir que se peche ao que sucede noutros lugares da Galiza ou do planeta, necesario esto para unha comprensión da realidade global, por isto, fai seu o lema "pensa globalmente e actua localmente". Para conseguir este carácter local, OPAII-RFM, ofrécese aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para que estes utilizen OPAII-RFM como medio de expresión. OPAII-RFM, respaldará as iniciativas que saian neste senso, e tentará no posíbel que a difusión das novas se leve a cabo polos propios protagonistas.
7º OPAII-RFM debe garantir a participación de persoas ou colectivos doutras culturas, e denunciará calquera actitude racista e a quen a promova. Colaborará con colectivos que favorezan a integración de inmigrantes e colectivos marxinados, ao través do coñecemento das súas culturas e realidades.
8º OPAII-RFM posiciónase fronte o militarismo e calquera forma de autoritarismo, por consideralos medios para oprimir aos povos e persoas. Rexeita os valores fascistas e a discriminación que estos promoven ao non respetar e negar o pensamento individual. Posiciónase fronte á violencia en todas as súas manifestacións, por ser unha forma de perpetuación das desigualdades. Defende xeitos de resolución dos conflictos en convivencia cos direitos e liberdades fundamentais dos individuos en comunidade.
9º OPAII-RFM non casa con partido político algún. As persoas que participan no colectivo o fan en nome propio, non como vozeiros de organizacións políticas, aínda que poidan militar nelas a título individual. Polo mesmo, OPAII-RFM non admitirá propostas de programas radiofónicos a título de vozeiros de partidos, organizacións ou siglas políticas concretas, que si poderán selo de ideas.
10º OPAII-RFM utilizará nos equipos e
ordenadores das súas instalacións, software libre, ao consideralo coincidente coa súa filosofía de compartir o coñecemento de forma libre, e porque utilizar software privativo, implicaría unha contradición con o principio de liberdade e un apoio ao sistema capitalista, monopolizador e alineante que o mesmo representa. OPAII-RFM, comprométese dentro das súas posibilidades, ao fomento de artistas, grupos e programas informáticos que comparten as súas creacións e coñecementos baixo licenzas libres.
Quem somos? (versión galego reintegrado)
O Colectivo OPAII [Ondas Para Activaçom Informaçom Independente], é umha Associaçom Cultural da comarca de Trasancos que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas Sociais e Culturais da Comarca, servindo-se para isto de diferentes instrumentos, como é a realizaçom de actividades, exposiçons, publicaçons, projecçons, o intercámbio e compartilhamento de informaçom, etc com umha actividade principal que actue de elemento de ligaçom e/ou aglutinante: umha rádio livre e comunitária, Rádio FilispiM.
Rádio FilispiM, pretende ser a rádio daquelas pessoas, colectivos e redes sociais, culturais, etc. da comarca, sem espaço nos meios de comunicaçom convencionais ou que estám sendo silenciados polos mesmos. Polo que assumimos o compromisso de pôr os nossos medios à sua disposiçom. Rádio FilispiM, sendo umha actividade do Colectivo OPAII, assume coma seus os principios do colectivo, que som os seguintes:
Rádio FilispiM, pretende ser a rádio daquelas pessoas, colectivos e redes sociais, culturais, etc. da comarca, sem espaço nos meios de comunicaçom convencionais ou que estám sendo silenciados polos mesmos. Polo que assumimos o compromisso de pôr os nossos medios à sua disposiçom. Rádio FilispiM, sendo umha actividade do Colectivo OPAII, assume coma seus os principios do colectivo, que som os seguintes:
1º- OPAII-RFM, organíza-se de forma assamblearia com todo o que isto implica, intentando criar umha actitude e posicionamento como colectivo e fugindo da possibilidade de pessoalismos ou egocentrismos, ficando especificadas claramente as opinions pessoais discrepantes ou as ausências de posicionamento, para nom derivar num falso consenso.
2º- OPAII-RFM, apoia un modelo económico no que o importante sexan as pessoas e o seu desenvolvemento pessoal, frente a um modelo que fomenta a competiçom e o individualismo, onde o importante som os benefícios económicos. Um modelo que nom permita a existência de relaçons de sumissom ou dependência que limitem a liverdade do projecto. O módelo de gestiom económica que adopta OPAII-RFM pretende fomentar a ajuda mutua e o cooperativismo no funcionamento interno e que a financiaçom estea dirixida por uns principios éticos.Assim, entendemos que a auto-gestom, é o modelo económico que possibilita que OPAII-RFM, responsabilice às pessoas participantes do projecto da sua financiaçom, e procure a independência e autonomia, tanto do Colectivo coma do projecto em si mesmo.
3º- O Colectivo OPAII-RFM empregará sempre a língua galega já que estamos numha realidade (a galega, e mais concretamente a ferrolana) que queremos transformar e nesse caminho optamos por potenciar a língua própria e luitamos contra a marginaçom da mesma a nível comunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser um meio de normalizaçom e espalhamento da cultura galega, por todo isto este colectivo porá os medios necessários para que exista umha normalizaçom lingüística, tanto nas ondas como a través de qualquer outro tipo de médio. Pensamos que a questom da língua nom é um problema de obrigar a ninguem a fala-la, entendemo-lo coma um problema de convencimento próprio, polo que na rádio e no colectivo conviviram pessoas e programas feitos em galego, castelam e outras línguas. Em OPAII-RFM, todas e cada umha das variantes gramaticais do universo lingüistico galego-português convivirám, em igualdade de oportunidade, no seio do colectivo.
4º- Em quanto à linguagem, OPAII-RFM, consideraa um elemento fundamental no nosso médio, enviamos mensagens continuamente a través da rádio, tanto musicais coma faladas, por isso intentaremos despoxar à lingua e à música de expressons racistas, sexistas, homófobas... comprometendonos a utiliçar umha linguagem nom violenta nem discriminatória. OPAII-RFM entende que mulheres e homens debemos ser tratados com dignidade, e comprométe-se co emprego dunha linguagem nom sexista nem discriminatória. Por todo isto tanto nas actividades, programas ou assembleias organizadas por OPAII-RFM non se admitiram atitudes discriminatórias.
5º- No que se refire à defesa do meio, OPAII-RFM, defende um desenvolvemento da humanidade, respetuoso coa natureza, e implicara-se de geito activo na defesa do meio ambiente actuando em distintos pontos: denunciando os atentados contra o medio ambiente, promovendo alternativas que posibilitem um aproveitamento racional e ético dos recursos, colaborando cos grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difussom das campanhas de sensibilizaçom. Aplicara-se a regra das tres erres no dia a dia do colectivo [Reutilizar, Reciclar e Reducir].
6º- OPAII-RFM pretende ser um colectivo de carácter local, é dizer, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato, isto nom quere dizer que se peche ao que sucede noutros lugares da Galiza ou do planeta, necesário para umha comprenssom da realidade global, por isto, fai seu o lema "pensa globalmente e actua localmente". Para conseguir este carácter local, OPAII-RFM, oferece-se aos diferentes colectivos e pessoas da comarca, para que estos utilicem OPAII-RFM como medio de expressom. OPAII-RFM respaldará as iniciativas que saiam neste senso, e intentará no posivel que a difussom das novas se leve a cabo polos proprios protagonistas.
7º- OPAII-RFM debe garantir a participaçom de pessoas ou colectivos doutras culturas, e denunciará qualquer atitude racista e a quem provoque dita actitude. Colaborará com colectivos que favorezam a integraçom de inmigrantes e colectivos marxinados, a través do conhecemento das suas culturas e realidades.
8º- OPAII-RFM posicióna-se contra o militarismo e qualquer forma de autoritarismo, por consideralos meios para oprimir aos povos e às pessoas. Rexeitamos os valores fascistas e a discriminación que estos promovem ao nom respeitar e negar o pensamento individual. Posicionamonos fronte á violência em todas as súas manifestaçons, por ser umha forma de perpetuaçom das desigualdades, defendemos xeitos de resoluçom dos conflictos em connivência cos direitos e liberdades fundamentais dos individuos em comunidade.
9º- OPAII-RFM, non casa com partido político algum. As pesoas queparticipan no colectivo o fan en mome propio, nom como vozeiros de organizaçoms políticas, ainda que poidan militar nelas. Polo mesmo, em OPAII-RFM nom poderám existir programas que representem ou sexam voceiros de partidos, organizaçons ou siglas políticas concretas, mas sim poderam selo de ideias.
10º- OPAII-RFM utilizará nas súas instalaçons Software Livre, porque podemos e pola coincidencia com súa filosofia de compartilhar o conhecimento de forma livre, e porque utilizar Software Privativo implicaria umha contradicçom com o principio de liverdade e um apoio ao sistema capitalista, monopolizador e alineante que o Software Privativo representa. OPAII-RFM, comprométese dentro das sua posibilidades, a apoiar a difussom de artistas, grupos e programas informáticos que compartem as suas creaçons e conhecementos baixo licencias livres.
Nenhum comentário:
Postar um comentário