O pasado xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrou a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.
Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos apresentou a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival houbo radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio
FilispiM e riquísimos petiscos...