Pesquisar neste blog

30 abril, 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Perder o tempo.

Évos aquí unha nova aventura de PENSAMENT0 3, nun dos episodios dos que máis gosto, donde Agustín García Calvo indaga coa axuda da súa audiencia oitentera [Caravana de Hormigas-Radio 3-1989] sobre a relación entre a Vida [ou o que nos vende por iso] e o Tempo [mensurábel].

Nada mellor que as primeiras verbas de Agustín, tiradas da súa introducción, para suxerirvos "gañar tempo" [entre tanto tempo perdido] escoitando o audio que segue a estas liñas:

"Matar o tempo, entreterse, divertirse e demáis é o mesmo que falar da vida. De xeito que ao falar dos ´chismitos´inventados para encher/matar o tempo estamos a falar da vida, a única que semella a real, posto que é a que nos venden.

Non hai que esquecer en que consiste a trucaxe esencialmente: cambiar a vida por tempo, converter a vida en tempo, conseguir o que se di con tan lúcida desesperación nos versos de Antonio Machado: ´ya nuestra vida es tiempo´.

Esta é a trucaxe esencial do Capital e Estado que, como explicamos outras veces, consiste en fazer crer no futuro, naturalmente non chamándoo polo seu nome [que é morte, un mome pouco conveniente, demasiado aterrador] senón chamándoo por outros nomes: futuro...

Facer crer nun destino a onde vou como ente real e a onde vai a humanidade e unha vez que se conseguiu isto, o que vai desde aquí cara ese futuro, xa é propiamente tempo. Un tempo baleiro. Un tempo que, por tanto, se pode manexar, contar. Un tempo do que vive o crédito da banca, o tempo ao que se reduce a vida do traballador mentres está no tallo e tambén [o que hoxe nos toca no programa] os ratos libres, o ocio.

Posto que o tempo non pode cambiar a natureza, é o mesmo durante o traballo que no suposto ócio ao que alude o nome desta exposición dos ´chismes´ do ócio, na que imos estar metidos incongruentamente como Javier [aludindo ao presentador] vén de dicir...".

Mais nada, a vindeira semana máis Pensamento 3, aquí onde paran os monstros.

Descargar o audio

Programa especial 1º de Maio en Rádio FilispiM

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9-NBaoWObT8ocTapnExaV4J8LfyT6nnq71YMqn37VNWUFy3wWrDZcn1Ugtb28Z2Qaszy2sGO_7P3N_FJBbF8oZ464T_F91VYImj9MXYJAYhCT8ZZ7QVEn0GK0A_JwM0KZv3MJ/s1600/RFM+Informativos.jpg
O pasado xoves 29 de abril de 2010, as 20:00 h. tivo lugar en Rádio FilispiM, 93.9 FM un PROGRAMA ESPECIAL: 1º de Maio.

Co convite a participar na mesa-debate de integrantes dos sindicatos con representación na comarca: CC.OO, CIG, CNT, USO, USTG e UXT

Poderás ouvir a repetición do programa:
  • Sábado 1 de maio, as 11:00 h. da mañá.
  • Domingo 2 de maio, as 15:00 h. da tarde.
  • No nosso blog opaii.blogspot.com

Descarga o audio



28 abril, 2010

O Souto [ADEGA] - Radio Filispim 26-04-2010

Nova edición de O Souto, programa de ecoloxía e meio-ambiente de ADEGA-Trasancos apresentado por Nês na Rádio Filispim, 93.9 FM.

Nesta ocasión como convidado: Alexandre Carrodeguas, do colectivo ecoloxista Verdegaia.

Máis info en: www.osoutodeadega.blogspot.com



Descargar o audio

26 abril, 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Arte.

Nova edición da serie Pensamento 3, dentro de Divertimento para pequenos monstros, na sintonía de Rádio Filispim, 93.9 Ferrol [GZ].

Nesta ocasión o profesor Agustín García Calvo diserta cos ouvintes sobre o Arte.

Como todos os PENSAMENTO 3 que estamos a recuperar, este foi emitido orixinalmente un venres do 1989 en Radio 3, dentro do programa Caravana de Hormigas. Memorábel espazo matutino apresentado orixinalmente por Juan Francia, Jesús Beltrán e Enma Tamargo, que non tardarían en ser fulminados de Radio 3, de feito resulta unha sórdida ironía saber que J. Francia e J. Beltrán acabaron en Radio Exterior de España.

Como todos os programas os iniciamos e findamos tal como o facían daquela: co himno da Comunidade de Madrid, se ben aínda non atopei a versión con coro, tal como se emitía, pois sei é a que vos gosta ;-).

Por certo, curioseando na web da editorial autoxestionada polo propio Agustin G.C. [LUCINA], veño de atoparme cunha grata sorpresa. No menú: enlaces de internet/registros sonoros/himno de Madrid, hai un enlace... nada máis e nada menos que a un arquivo de audio que eu mesmo subín hai algún tempo!. A verdade é que me ten feito moita ilusión, ter contribuido inda que sexa desde tan abaixo a difundir esta alfaia agachada nas moquetas de tan distinguidos politic@s. Podedes velo aquí: ->enlace

Mais nada, a vindeira semana unha nova edición de PENSAMENTO 3, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo





Imaxe: podería ser arte.

Spanglish 23 abril 2010


Set list Spanglish 23 de abril 2010:

  • We are Standard – Don´t give up
  • JJ - Nº 3 - And Now
  • Los Punsetes - LP2 - Tus amigos
  • Fanfarlo – Reservoir - Ghosts
  • Surfin' Bichos - Hermanos carnales - Fuerte
  • Surfin' Bichos – Buzos haciendo suf (extracto)
  • Nada Surf - If I had a HI-Fi - Evolución (de Mercromina)
  • Nudozurdo – Sintetica - Negativo
  • Klaus and kinski – Tu hoguera está ardiendo - El Cristo del Perdón
  • Carrero Bianco – Soy un misil
  • Los Planetas - Una Ópera Egipcia - No sé cómo te atreves
  • Hola a todo el mundo - Hatem prayer team


Descargar o arquivo

25 abril, 2010

O Recuncho Nº 29

Estimado@s compañeir@s, o sábado24 de Abril nova edición de O Recuncho.Coma de cotiá de 11 a 13 horas en Radio Filispim (93.9 fm)

Neste programa destacamos os seguintes contidos:

- Contactamos en directo coa manifestación que tivo o sábado 24 en solidariedade co xuiz Garzón . Co lema: “Verdade, xustiza, reparación.”

- En directo, no estudo de radio Filispim Benigno López da ong solidariedade galega co pobo saharaui.

- Do 22 ao 27 de marzo deste ano 2010, estiveron en Ferrol dúas antropólogas catalás – Susana Narotzky e Irene Sabaté – facendo un traballo sobre a Megasa Siderúrxica S.L., dentro dun estudo máis amplo da siderurxia en España. O Recuncho falou con elas.

- Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, aniversario da morte de Mario Benedetti.

- Especial día do libro.

- Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”.

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Descargar o arquivo



--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM.

Tódolos programas en www.recunchofuco.blogspot.com

23 abril, 2010

O Souto [ADEGA] - RadioFilispim19-04-2010

Nova de edición de O Souto, o programa apresentado por Nês en nome da Asociación para a defensa ecoloxica de Galiza [ADEGA]. Nesta ocasión de novo visita o programa Xabier Prieto, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural [delegación Ferrol].

Máis info e audios do programa en: www.osoutodeadega.blogspot.com


Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]