Por mór da VII edición do festival autoxestionario FERVESTEIRO, Rádio FilispiM 93.9FM, realizou un programa especial que agora podes ouvir ou descarregar ao través deste enlace. Ademáis, a FilispiM pasarao en diferido o vindeiro domingo a partir das 5 do serán.
Podes atopar o programa de actividades completo do VII FERVESTEIRO neste enlace: www.fervesteiro.org
Descargar o arquivo
Pesquisar neste blog
17 setembro, 2009
09 setembro, 2009
Comeza a quinta tempada de Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Rádio FilispiM, abre o prazo de presentación de propostas de programas
para o curso 2009/2010.
para o curso 2009/2010.
O quinto curso radiofónico, 2009/2010, da radio libre e comunitaria de Trasancos está a piques de comezar. A nova programación comezará a emitirse oficialmente o xoves 1 de outubro de 2009.
Rádio FilispiM, 93.9 FM, é unha radio sen ánimo de lucro integrada no terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.
PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.
Para poder realizar o teu programas debes enviar a túa proposta antes do sábado 19 de setembro a filispina@gmail.com.
Se xa es membro do colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, lembra que debes ter as cotas ao día, requirimento indispensabel para darlle continuidade a túa proposta radiofónica.
SESIÓN VERMÚ.
Por outra banda o sábado 31 de outubro haberá unha sesión vermú presentación da nova grella, no Ateneo Ferrolán. En breve darémoste máis información desta festa.
VINDEIRA ASEMBLEA.
Por outra banda, a vindeira asemblea preparatoria da tempada de Rádio FilispiM, será o sábado 19 de setembro no Ateneo Ferrolán, coincidindo co fin de prazo de presentación de propostas radiofónicas e aboo de cotas pendentes.
EN REDE.
Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de propostas coma Nosotras en el mundo, Mapamundi, o informativo Más Voces ou Marca Branca, entre outros moitos espazos de radios irmás de todo o mundo.
Destacar o intercambio de programas que FilispiM de Ferrol e Rádio Piratona de Vigo comezaron a pasada grella, abrindo un camiño recollido no ideario da REGARLIC, Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, da que Rádio FilispiM e membra xunto a Radio Kalimera de Compostela, Radio Clavi de Lugo, Cuac FM de A Coruña, Radio Piratona de Vigo e Radio Roncudo de Corme.
Participa!!!!!

06 junho, 2009
Programa especial: Manifestaçom-Roteiro contra a Planta de Gas de REGANOSA

O programa repetira-se o Domingo 7 e 14 de Xuño a partir das 17hs.
Descargar o arquivo
VI Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán: as fotos!
Foi o Sábado 30 de Maio, às 12:00hs. do mediodía no Ateneo Ferrolán, e a actuación correu a cargo do cuarteto de cordas El Cubo, que interpretou varios tangos.
Como novidade, fixemos um sorteio especial dumha noite numha Casa Rural e um Xantar num Restaurante.
Descargar o arquivo
Xa podes ver as fotos que tiramos na VI Sesión Vermú despedida da grella 2008/2009 de Rádio Filispim!!!
04 junho, 2009
Programa Especial cubrindo a Manifestación-Roteiro contra REGANOSA
O venres, 5 de Xuño, haberá umha Manifestación-Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos. A saída da Manifestación-Roteiro, será ás 8 da tarde desde a Praza Amada García, diante do Edificio Administartivo da Xunta de Galicia.Com motivo deste acto reivindicativo, Rádio FilispiM organiza um programa especial que cubrirá em directo a manifestaçom, com micrófono aberto para os ouvintes, que podem chamar ao teléfono do estudo [675 431 341] desde as 20hs. para dar a súa opiniom.
O programa repetira-se o Domingo 7 a partir das 17hs.
Descargar a cunha
027 Spanglish

- Sistars – Sutra
- Camping – Politics of love – Battle
- Yeah Yeah Yeahs – It's Blitz - Heads will roll
- Acid drinkers – Pizza Driver
- New Model Army - 225
- New Model Army - Better than them
- Hey – Wczesna jesien
- Yidorah – Salvación
- Agoraphobia – Te aporreo
- Dzem - Whisky moja zono
- Sevigny – Breathe
- Love of lesbian – Algunas plantas +
Assinar:
Postagens (Atom)