Temos novidades para o VI Conspirando por umha Rádio Livre, a maiores do concerto, a Feira de Colectivos e a festa, a rede TrocaFerrol, organizará um mercadinho de troco na praza do Inferninho, e também desde esta praza infernal, às 20hs., sairá umha bicicletada organizada pola Masa Crítica de Ferrol.
Entrevista con Teresa Gallo, presidenta da Asociación de Xordos de Ferrolterra a cal nos falou do Encontro da Muller Xorda celebrado en Ferrol e dos diferentes problemas da comunidade xorda.
Especial Ramiro Fonte. Falaremos da súa vida e disfrutaremos da súa poesía, coincidindo co Día Mundial da Poesía.
En directo no estudo de Radio Filispim, Lupe Ces, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e mestra de educación infantil.
No apartado musical, entrevistamos a Sacha na Horta, un dos grupos que participarán no VI Conspoirando por unha Radio Libre.
Discontinuidade do Xoves 12 de Marzo de 2009. Os compañeiros Diego e Javier [dous uruguaios, un de Fene e outro de Valdovinho, que se atoparom em Rádio FilispiM], inician a aventura de colgar os seus inclasificables programas na rede, compartindo o que teñen e queren mostrar ao mundo.
O primeiro álbum de QUANT, que baixo o título New Adventures in Full Colour, apresentanos unha chea de cancións sustanciadas no pop máis xenial. O disco podédelo mercar, ou "curiosear" pinchando en www.quantweb.tk. No planfetiño que acompaña o cedé hai agradacementos para unha chea de xente de Ferrol, o mundo e incluso outros planetas (dentre deles Rádio FilispiM, dentro de cuxa selección músical non faltan as melodias de Oscar QUANT e compaña).
Por mór do 17 aniversario de Tas-Tas Irratia, unha das radios libres de Bilbo, falamos desta e máis de Irola Irratia.
Primeiro aniversario da okupación do centro social autoxestionado, CSA Laboratorio Social As Atochas, en A Corunha. Xa coñecedes deles pola moitas referencias e entrevistas que lles realizamos en Divertimento, Rádio FilispiM. Desta amplificamos o interesante programa de actos para celebrar o primeiro ano da okupazón deste espazo liberado na cidade herculina. Serán dúas semanas de música, teatro, cine e palestras. A destacar o Encontro Aberto de Centros Sociais, previsto para o sábado 14 de marzo de 2009. Máis info en: Aculturapreokupa.blogaliza.org
VI CONSPIRANDO, por unha Radio Libre. Vai ser no mesmo Inferno (Praza do Inferniño, Ferrol), o xoves "santo" 9 de abril de 2009. Estes do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM, andan a procurar a excomuñón. Entre tanto seguen a conspirar. Máis info en www.opaii.blogspot.com
A disfrutar do audio. E, como sempre, podes deixar as túas impresións no apartado "comentarios", ou escribir a radiomonstro(arroba)gmail.com