Pesquisar neste blog

27 novembro, 2014

Ábrete de orellas, programa 54

gravación do 24-novembro-2014


Recomendamos, entre outros concertos e xiras, o festival Voces Femeninas, que terá lugar un ano máis en Madrid, Ourense e Vigo, e estreamos o novo disco de Guadi Galego.



  • tUnE-yArDs "Hey Life"
  • Ölof Arnalds "Patience"
  • Freedonia "Heaven Bells"
  • Bart Davenport "When You're Sad"
  • Nicolás Pastoriza "Ojos gris metalizado"
  • Eladio y los seres queridos "Junto a los seres queridos" 
  • Guadi Galego "Matriarcas"
  • Guadi Galego "Aromas da terra"
  • Magín Blanco (Gatuxo) "Tacatá"
  • Sex Museum "Judee Sill"
  • Lamatumbá & Guadi Galego "Reggae dos mariñeiros"
Selecciona e comenta, Pepe Cunha.  
Abretedeorellas.com

As orixes ferrolás das CC.OO, fala Rafael Pillado.

Audio tirado da charla que Rafael Pillado deu o pasado 21/11/2014 na sede do sindicato en Ferrol, verbo das orixes das CC.OO. Pillado, que en 1979 fora elixido lider do Partido Comunista en Galicia, conta en primeira persoa o nacemento das CC.OO. En Marzo do 1972, Pillado e Julio Aneiros foran protagonistas, xunto un moitos traballadores dos asteleiros ferroláns, dos tráxicos sucesos daquel mes, nos que a policia española e fascista asasinaba aos traballadores Amador e Daniel, rematando eles dous en prisión no que foi o inicio dunha espiral de represión...


Podes ouvir a charla completa (e posterior coloquio con Eugenio Pereiro e público), aquí: http://www.ivoox.com/charla-rafael-pillado (en breve emisión da charla completa no tempo de "Programas Especiais", sábados as 18:00 h.)

Redacción Informativos, Rádio FilispiM.

Escarnio! Quinto programa este xoves en directo ás 18:00


Xa podedes escoitar a nova emisión en directo de Escarnio! o programa de análise e actualidade política. Desta vez abrimos falando das Marchas da Dignidade, que teñen unha nova cita este 29N para rodear o Obradoiro en Compostela, esixindo Pan, Traballo, Teito e Dignidade.

Contamos cos Partes de Guerra habituáis, onde vos ofrecemos toda a información actual sobre a loita dos "furtivos", as traballadoras de Cleanet, da automoción en Vigo, e moitas cousas máis.

Falamos tamén brevemente do aniversario de revolución de outubro de 1917, que se cumple este mes de novembro (polo cambio do calendario "juliano", vixente durante o zarismo, ao gregoriano).

Na nosa sección cultural falamos desta vez sobre o documental "La herencia de las ausentes", sobre os feminicidios en Ciudad Juarez (que podedes ver neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=-Ob-3xi_eXE).



Xa sabedes, escoitade, participade e sumádevos ao Escarnio! Podédelo facer a través do correo radioescarnio@gmail.com ou do twitter,  @EscarnioRadio


9º Programa Entrelazados

9º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago xunto ao novo colaborador Isay Otero.
Temas das seccións
Literatura Galega: Chano Piñeiro e o cine en lingua galega.
 Diálogos de filmes galegos.
As Minientrevistas: Manuel Rivas a Chano Piñeiro.
A Túa Voz: Lectura dos emails/mensaxes Twitter d@s radiooíntes.
Misterios do Mundo e da Terra: Recente chegada da nave Rosetta
 e o seu módulo Filiae ao cometa 67P.
Novas Alternativas: Novas relevantes do panorama mundial.
Música Galega: Antón Seoane [Foi coma un soño] e A Matraca Perversa [A nossa história].
Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter: @EntrelazadosRF
Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.
Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada,
domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

Sin Fronteras 8º (4ª Temporada)


Programa presentado y coordinado por Sunana Alaniz, con Xurxo Gago en el equipo técnico. En el octavo programa con motivo del día contra la violencia de género y los actos organizados por la Marcha Mundial das Mulleres, hablamos vía telefónica con Luz y Amaia, ambas luchadoras por la igualdad de género, contra la violencia que padecen muchas mujeres, contra el patriarcado predominante. con. Música de Guadi Galego[Matriarcas] y Pedro Guerra [Hijas de Eva].

Directo: Miércoles de 20:00 a 21:00hrs.
Repeticiones: Lunes de 10:00 a 11:00hrs.
Viernes: 01:00 a 02:00 hrs.
Online:http://opaii.blogspot.com
Blog:http://sinfronterasrf.blogspot.com

26 novembro, 2014

O Recuncho nº 208


Mércores, 26 de novembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 208, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Enrique Barrera : “Xustiza Arxentina e Memoria Histórica”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Vivan las caenas!”
Na “Sección Poética” : José Angel Valente.
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “Proceso de Nüremberg”
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Riot Propaganda (Los Chicos del Maíz e Habeas Corpus)
Na equipa técnica: Miguel Castro
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

24 novembro, 2014

SonsRevela2 21-11-2014

O pasado venres, 21 de novembro, invadía o estudio a arte da cociña chea de novos ingredientes, como as receitas que se comentaron, o blog que se presentou ou os temas de jazz que soaron ademais da carteleira, dos eventos da comarca e os recunchos de música africana, entre outros.

En nome dos membros do programa queremos agradecer a colaboración de Ánxela Vázquez Dopico polo seu esforzo.

                                                  

Aquí vos deixámos unha mostra do seu traballo e a lista dos temas que soaron. 


Temas musicais: 
-"Bailando en la cueva" Jorge Drexler
-"Les Etoiles" Melody Gardot
-"Cherry Pie" Sade
-"Body and Soul" Bennett& Amy Winehouse
-"Losako" Ray Lema
-"País Tropical" Jorge Ben Jor 
-"Houdini" Foster the People

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]