Pesquisar neste blog

19 novembro, 2014

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 118 28.10.2014


UN PROGRAMA SIN GUIÓN

Sales del agua feliz y relajado, ha sido una buena sesión de otoño, pones la radio mientras te cambias y antes de encontrar buena música, escuchas sin interés pero indignado ese tipo de noticias que están convirtiendo el ambiente en este país en algo irrespirable. Apagas, claro. Buscas un Cd adecuado y te encuentras a los Stones con su Street Fighting Man, lo pones a tope y de su letra sacas conclusiones…

En fin, en un programa sin guión, en un monográfico de nada, solo la buena música es capaz de hacerte recuperar el equilibrio, las buenas sensaciones, de tal manera que una hora pueda parecerte que solo dura diez minutos. Lo consigues con los Smiths, Maccabees, Paul Cantelon, Bowie, Carrero Bianco, Portugal the Man, Wilco, Magic Wands y Kurt Vile.

O Recuncho nº 207


Mércores, 19 de novembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 207 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitadas: Loreto Primo, Cintia Regueiro e Patricia Horjales, da Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra para falar do 25N – Dia Mundial contra a Violencia Machista.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “El Dr. Menguele vuelve al ataque”
Na “Sección Poética” con Lorena Calaza e Fer Ocampo : Amelia del Castillo
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : Prestige: a catástrofe que espertou a Galicia.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Las Migas e Sílvia Pérez Cruz.
Na equipa técnica: Miguel Castro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040


18 novembro, 2014

La Trastienda

La Trastienda é un estado psicotrópico-musical ideado e despachado por Ciclonita de Petronia que chega ás ondas radiofónicas a través de Rádio Filispím.Deixa cortocircuitar a túa mente cada luns ás 21,30h neste espazo do 93.9 da FM.

Neste primeiro programa,a todas luces paranormal,a telúrica presencia de Ciclonita de Petronia,quere facerte pasar unha hora de fantasmogénesis musical e,porque non decilo,casuística preternatural.Abre ben os ollos,mira debaixo da cama e colle aire porque aquí está...La Trastienda del Terror.
Pincha aquí se te atreves a entrar na trastenda do terror...


16 novembro, 2014

Marchas de Dignidade, 29-N "Toma o Obradoiro". Cap.1. Quen son?

O pasado venres 14 de novembro de 2014, o programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros,  realizou un especial adicado a convocatoria do 29-N, Marchas da Dignidade, "Toma o Obradoiro". Dende a redacción de Informativos comezamos hoxe tres capítulos adicados a saber máis sobre o este moviemento cívico estatal.

Nesta primeira entrega escoitamos a Daniel Melcón, da Columa do bairro de Caranza en Ferrol (integrada na Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra) e a Santiago Lamelo, da Fronte Cívica de A Coruña. Fálannos das orixes deste movimento cívico cidadá, de quen o conforma e das pasadas  mobilizacións (22-M e 21-X).


Pequeno Monstro
Redacción Informativos Rádio FilispiM, 93.9 FM.

15 novembro, 2014

6º PROGRAMA DE SONS REVELA2 (14-11-2014)

Uhna tarde chea de música debido a compañía de Pepe Cunha (campañeiro de Ábrete de Orellas)  no estudio, onde puidemos comentando entre tema e tema a feira do WOMEX 2014, ademáis de contar coa carteleira e os nosos recunchos de música.

                                                         
Temas:

-Ride On- AC DC
-Stand by me- Seal
-Soweto Gospel Choir- In the name of love
-M Clan- Sopa Fría
-Marta Gómez- Casida de las palomas oscuras
-Oum-Lik
-One Lonely Night- Frank Yamma
-Maria Ta Jora- KIT (Kuenta I Tambú)


14 novembro, 2014

DIVERTIMENTO - Especial Marchas da Dignidade, 29-N. Toma o Obradoiro.

O venres 14 de novembro de 2014, DIVERTIMENTO para pequenos monstros, realizou un especial "MARCHAS DA DIGNIDADE, 29-N. Toma o Obradoiro", en Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM.

Durante noventa minutos, falamos do por que deste movimento cívico cidadá en todo o Estado, particularmente no país galego, na nosa comarca e, claro, da convocatoria do vindeiro sábado 29-N en Compostela. 

No estudio da FilispiM, estiveron:
  • Daniel Melcón (coluna caranceria).
  • Santiago Lamelo (Fronte Cívico, Coruña).
  • Alberto Espiñeira (Marchas Dignidade Ferrolterra).
  • Marta González (coluna caranceira).
  • André Martínez (coluna caranceira).
  • Carme Cela (coluna caranceira).
Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).

@s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización.

"Isto vai a pior, non hai ningúen que se sente e que poña unha solución riba da mesa, cada vez hai máis xente no paro, na ría, sen recursos. Estamos abocados a isto, ao paro. Nin clases altas, nen clases medias... todo para abaixo". Con ista claridade expresábase unha pequena representación do cada vez máis numeroso grupo de traballador@s irregulares da ría de Ferrol, no descorrer da emisión do programa Escarnio da Rádio FilispiM. Entre trescentas e catrocentas persoas recorren aos froitos da ría, coma último recurso, ante a falla de perspectivas laborais ou prestacións das Admóns, co telón de fondo da realidade cotiá da cidade con maior taxa de paro do país, Ferrol.

No transcorrer da longa e intensa charla, os traballadores irregulares da ría, denunciaron trato denigrante por parte da policía, nos cada vez máis frecuentes operativos da Xunta e "forzas do orde". "Danche un chuvasqueiro do `Capitán Pescanova´, ou vas nú para casa", denuncian. Ademáis falan de atribucións de incautacións que non se corresponden coa realidade e que non se lles da recibo do incautado, entre o que se atopa útis de traballo e roupa de mar. Conclúen que as Autoridades (Xunta e policía) están interesadas en crear unha alarma social para lograr que o agora mesmo considerado coma falta administrativa pase a "resoverse" coma ser fór un delicto, pola vía penal. Ante esta situación, veñen de organizarse en Asembleas para chamar a atención sobre o que está a acontecer.

Ouvimos un pequeno extracto da longa charla. O audio íntegro, pode escoitarse aquí: http://opaii.blogspot.com.es/2014/11/xa-podedes-escoitar-o-4-programa-de.html


Redacción de Informativos, Rádio FilispiM.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]