Pesquisar neste blog
14 fevereiro, 2014
A fábrica de lus vol.26: asbestose
Neste programa tratamos a situación dos afectados por enfermidades profesionais relacionadas coa exposición ao asbesto, tema de especial relevancia na bisbarra de Ferrol. Falamos da súa historia e da resposta cívica e médica fronte á negación da relación entre desempeño laboral e enfermidade por parte da administración e as empresas. Contamos no estudio coa responsable da unidade de neumoloxía do Hospital Arquitecto Marcide, a doutora Carmen Diégo, con Ramón Tojeiro, presidende de Agavida, con Guillermo Gotti, afectado asociado a Agavida e co doutor Carlos Piñeiro. Entrevistamos tamén, entre outros, ao actual xerente da Área Sanitaria de Ferrol, a Victor Casal, avogado que traballa pola prestación por enfermidade profesional dos afectados e a Rafael Pillado, sindicalista e ex-traballador de Bazán.
13 fevereiro, 2014
O Recuncho nº 172
Mércores, 12 de febreiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 172 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitada: Lupe Ces, comentará a Reforma da Lei do Aborto.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Exposición en Narón de Víctor G. Novás ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza:
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040
12 fevereiro, 2014
Reganosa, os gaseiros, a Ría, os temporais e a vida.
O sabado día 8 de febreiro de 2014, coa pleamar de pola mañá, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro de bandeira de comenencia "LNG Bonny" para descargar GNL (gas natural licuado) na planta de Reganosa. As condicións metereolóxicas e a singularidade da canle de acceso á Ría imposibilitaron a entrada.
Unha vez máis, amósase que a relocalización da planta de gas no interior da Ría non obedeceu a razóns técnicas, senón que a verdadeira razón de fondo foi a operación especulativa da parcela onde se levantan os tanques, que lle reportou ao grupo empresarial Tojeiro 30 millóns de euros.
Esta Planta de Gas constitue un caso paradoxal de corrupción, no que os grupos maioritarios poñen as administracións públicas ao servizo dos intereses de Reganosa, como se pudo comprobar recentemente no informe da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.
A planta de Reganosa non só é unha instalación ilegal, perigosa e nociva para o ecosistema da nosa Ría, senon que forma parte do atraco o que nos vemos sometidos a cidadanía, a través das constantes subidas das tarifas da electricidade e gas que van a engrosar a conta de resultados das empresas enerxeticas.
Como en cada ocasión que se anuncia a entrada dun buque gaseiro na nosa Ría, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentrouse na Praza Amada García, demandando o peche da Planta, en defensa da Ría e da vida.
Dende Rádio FilispiM unímonos ao berro de PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!!
Informou Miguel Castro para os Informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos RFM).
+ info: http://cociudem.wordpress.com/
08 fevereiro, 2014
Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 85 4.2.2014
EDDIE AIKAU (Eddie would go)
La mayoría de las personas nos
esforzamos en vivir muchos años, pero hay otras, pocas, que con su modo de
vida, con su comportamiento y sin buscarlo, consiguen vivir para siempre, al
menos en la memoria de los demás. Es el caso de Eddie Aikau: surfista amante de
las grandes olas, primer socorrista en Waimea Bay, peacemaker (tradúcelo como
conciliador), defensor de la cultura y tradiciones hawaianas, una bellísima persona
en resumen y finalmente, con su muerte heroica en 1978, un mito, una leyenda
que encarna junto con Duke Kahanamoku la mística de las Islas.
Desde hace semanas Galicia está
siendo golpeada, día tras día, por olas enormes, las que a Eddie le gustaban. Es
pues el mejor momento para repasar su vida, aprovechando también que en Hawaii están
a la espera de las olas adecuadas para celebrar el famoso campeonato en su
honor. Solo hacemos en el programa un breve pero justo paréntesis, para recordar
a Pete Seeger, fallecido uno de estos días. El, como Eddie, también se merece
mil programas de homenaje.
07 fevereiro, 2014
Ábrete de orellas XVII: repasamos varios dos concertos máis interesantes dos vindeiros días
Horas antes de facer o programa recibo a nova da disolución dos Berrogüetto e abro o programa con eles.
Os vindeiros días veñen cargados de concertos ben recomendábeis, así que son os protagonistas de boa parte da selección de cancións deste programa XVII. Porén, non faltan novidades discográficas e as olladas ao pasado con curiosidade e (semi)clásico.
Os vindeiros días veñen cargados de concertos ben recomendábeis, así que son os protagonistas de boa parte da selección de cancións deste programa XVII. Porén, non faltan novidades discográficas e as olladas ao pasado con curiosidade e (semi)clásico.
Berrogüetto "Indosesta"
Nelson Quinteiro con Silvia Penide "As mans perdidas"
Caxade "Nomeando perdidos"
Silvia Quesada "Les coses qu'hai que aprender"
Basia Bulat "Tall Tall Shadow"
Elvis Costello "Brilliant Disguise"
Joan Chamarro Quartet & Silvia Monis "Feelin' Good"
Quique González "Caminando en círculos"
The Sadies "The First Five Minutes"
Steven Munar & The Miracle Band "Moving Faster"
Third World "Now That We Found Love"
Nina Simone "It Don't Mean a Thing ..."
Nelson Quinteiro con Silvia Penide "As mans perdidas"
Caxade "Nomeando perdidos"
Silvia Quesada "Les coses qu'hai que aprender"
Basia Bulat "Tall Tall Shadow"
Elvis Costello "Brilliant Disguise"
Joan Chamarro Quartet & Silvia Monis "Feelin' Good"
Quique González "Caminando en círculos"
The Sadies "The First Five Minutes"
Steven Munar & The Miracle Band "Moving Faster"
Third World "Now That We Found Love"
Nina Simone "It Don't Mean a Thing ..."
Lembrade que hai un enderezo electrónico de contacto aberto a suxestións, comentarios, propostas... abretedeorellas@gmail.com
Saúdos orelludos,
Pepe Cunha
O Recuncho nº 171

Mércores, 5 de febreiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 171 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Rafael Pillado para falar da situación social en Ferrolterra.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Victoria e Carmelo no recordo ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Félix Grande
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás : “Rompiendo amarras” de Ramón Cotarelo
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040
06 fevereiro, 2014
FilispiM Vai... ao Cantón Vello
O venres 31 de Xaneiro a partir das 20h. no Cantón Vello, o novo programa de Rádio FilsipiM (FilispiM vai...) foi ao Cantón Vello com rádio e música ao vivo, entrevistas e mais sorpresas.
Acompanharon nos com a música Octavio García (Baixo) e Tony Torres (Guitarra).
Falamos com Narsés (sócio e trabalhador do Cantón Vello) sobre a história do Cantón Vello, con Maximino Rivas (responsable Programación do "Pinsapo"), Pedro Fernández (ex-filispino e colaborador do Diario de Ferrol), Andrés Rodríguez (traballador de Navantia e membro da USTG), Eduardo Mera (da revista "Pajaritas de papel"), Nicolás Vidal (xornalista do Diario de Ferrol e co-autor do libro "Ferroláns de Seu") e Manel (sócio e trabalhador do Cantón Vello).
Acompanharon nos com a música Octavio García (Baixo) e Tony Torres (Guitarra).
Falamos com Narsés (sócio e trabalhador do Cantón Vello) sobre a história do Cantón Vello, con Maximino Rivas (responsable Programación do "Pinsapo"), Pedro Fernández (ex-filispino e colaborador do Diario de Ferrol), Andrés Rodríguez (traballador de Navantia e membro da USTG), Eduardo Mera (da revista "Pajaritas de papel"), Nicolás Vidal (xornalista do Diario de Ferrol e co-autor do libro "Ferroláns de Seu") e Manel (sócio e trabalhador do Cantón Vello).
- Apresentarom o programa: Fran e Ana "LuceCu"
- Técnicos: Miguel C. e Cholo
- Regidor: Miguel R.
Assinar:
Postagens (Atom)


