Pesquisar neste blog

01 outubro, 2013

80 Vinilos/h - programa 55. Especial movida galega (1)

A obra de Ceesepe no mítico Mini Lp de Golpes Bajos.
Logo do parón estival regresa as ondas 80 Vinilos/h, na súa edición nº 55.
Neste programa:
  • Sintonía. BETTY TROUP - El Vinilo (Lp. Nuevos Heroes, Ariola 1984).
  • GOLPES BAJOS - Cena recalentada (Lp. A Santa Compaña. Nuevos Medios, 1984).
  • GOLPES BAJOS - Fiesta de los maniquies (Lp. A Santa Compaña. Nuevos Medios, 1984).
  • GOLPES BAJOS - Malos tiempos para la lírica (Mini Lp. Golpes Bajos. Nuevos Medios, 1983).
  • SINIESTRO TOTAL - No somos de Monforte (Lp. No somos de Monforte. DRO, 1983).
  • SINIESTRO TOTAL - Ayatolah! (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
  • SINIESTRO TOTAL - Las tetas de mi novia (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
  • SINIESTRO TOTAL - Matar hippies en las Cies (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
  • SINIESTRO TOTAL - Los esqueletos no tienen pilila (Lp. Cuándo se come aquí?. DRO, 1982).
  • METRO - No es extraña? (Mini Lp. Metro. Acuario, 1984).
  • METRO - El último tren (Mini Lp. Metro. Acuario, 1984).
  • METRO - El latido (Mini Lp. Metro. Acuario, 1984).
  • METRO - El quiere ser tu zombie (Single. Citola, 1982).
  • LOS DRAMÁTICOS - La decisión (1er Single. Melodías de ayer y de hoy, 1987).
Selección musical, comentarios e control técnico: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM.

80 Vinilos/h, un programa redondo que pincha en: http://80vinilos.blogspot.com

30 setembro, 2013

Novas Locais. "Feminismo en Obras", xornadas da Marcha Mundial das Mulleres en Narón, 5 de outubro.


O vindeiro sábado 5 de outubro de 2013 terán lugar no Centro de Día "Manuela Pérez Sequeiros", Narón (fronte ao Pazo de Cultura) as Xornadas Feministas organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza (MMM). Baixo o título de "Feminismo en Obras", acollerán charlas, debates, reflexión e convivio. Todo o programa atoparalo no enlace: http://feminismo.info


* Inclúe audio cunha-radio difusión das xornadas.


Redacción informativos Rádio FilispiM.

28 setembro, 2013

Comezamos o curso co Ponte en Galego!

Primeiro progama do curso en Radio Filispim, no que entrevistamos o dúo de cómicos Mofa e Befa, presentamos a novidosa proposta musical de En Clave de Fado e contamos coa presenza no estudio de Katerina Hornikova, estudante checa e galegofalante. 

25 setembro, 2013

OFF MENTAL, a cara "B" da música. Edición Nº 52

A imaxe da segunda e "most progressive" etapa do selo francés Egg Records

Tal e como comentamos na anterior entrada xa estamos aquí con nova sintonía e enerxias renovadas baixo o mesmo espíritu... o da cara "B" da música na cara "B" da radio.

Neste programa, primeira aproximación ao selo francés Egg Records, quen resucita a finais da década dos 70´s e suporía un paso adiante canto a música progresiva realizada até daquela, cun catálogo certamente sorprendente: Alain Markusfeld, Michel Magne, Tin Blake, Ose, Conrad Schnitzler, François Brèant, Roedelius, Asmun Tietchens, Heldon, Patrick Vian (o fillo de Boris) ou mesmo Vangelis.
  • Sintonía: ANDREW POPPY - The Object is a Hungry Wolf, extracto (The Beating of Wings, ZTT Records, 1985).
  • ALAIN MARKUSFELD - Platock concerto. 1º Mouvement (Platock, Egg Records, 1978).
  • ALAIN MARKUSFELD - Platock concerto. 2º Mouvement (Platock, Egg Records, 1978).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.1 (Comtemporus, Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.2 (Comtemporus, Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.3 (Comtemporus, Egg Records, 1979).
  • ALAIN MARKUSFELD - Contemporus part.4 (Comtemporus, Egg Records, 1979).
  • MICHEL MAGNE - Signaux Codes Non Identifiés (Elements Nº1. La Terre, Egg Records, 1978).
  • MICHEL MAGNE - Trip Psychiatrique (Elements Nº1. La Terre, Egg Records, 1978).
  • MICHEL MAGNE - Planètes Et Forêts (Elements Nº1. La Terre, Egg Records, 1978).

Realización técnica, selección musical e comentarios: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).
Para sumarse a emisión contacte co Pequeno Monstro (Rádio FilispiM).
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com

24 setembro, 2013

O Recuncho nº 156


Martes, 24 de Setembro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 156 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitadas: María Carmen Isasi Varela (especialista en violencia de xénero) e Lucía Vizoso Amado (directiva de Fuco Buxán),
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ¿Violeta (Parra) se fue a los cielos?”
Lectura de textos de : Eduardo Galeano, David Graeber, Pierre Bordieu, F. Mayor Zaragoza, por Víctor G.Novás.
Novas e comunicados
Música: Xoel López “Atlántico”.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

21 setembro, 2013

DIVERTIMENTO - A música do "brasilego" Sergio Tannus - Ábretedeorellas versión radio na FilispiM - Axenda de concertos


O venres 20 de setembro de 2013, regresou DIVERTIMENTO para pequenos monstros á sintonía de RÁDIO FILISPIM, 93.9 FM, entre as 18:00 e 20:0 h.


Falamos con Sergio Tannus, músico brasileiro afincado na Galiza que vén de publicar un traballo acompañado por músicos coma Uxia, Narf, Antonio Zanbujo, Ceumar, Aline Frazao ou Xabier Díaz. Comandando a entrevista estivo Javier Enrique Malespina Moreno, un tipo realmente perigoso...
Despois conversamos con Pepe Cunha de Rottenville, da súa inminente reincorporación á Rádio Filispim-Colectivo Opaii, coa versión radiofónica de Ábretedeorellas.
Para finalizar, Ana Santiago "Lucecú", nos trouxo as recomendacións canto a axenda de concertos e festivais para os vindeiros días.
Non cho perdas, palabra de Pequeno Monstro e Ana Lucecú.
Radio Filispim 93.9FM (Ferrolterra) e para todo o mundo vía streaming neste mesmo blog.

Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

17 setembro, 2013

O Recuncho nº 155


Martes, 17 de setembro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 155 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Alexandre Carrodeguas, de Verdegaia, falará sobre Seneamento integral da Ría.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Chile, 11-S 40º aniversario ”
A “Sección Poética” de Lorena Calaza.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados. Música.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]