Pesquisar neste blog

12 janeiro, 2013

Programa do Colectivo 11/01/2013

Participan: Pablo Melaski, Javier Malespina, Iago, Jaime, Xavi, Moisés e Víctor nos mandos por primeira vez,antes do debut xunto a  Andrés (que tamén nos acompaña) con Espacio Infinito, o martes 15 de xaneiro ás dez da noite.



Comentámolas novidades do colectivo OPAII, e falamos de moitas novas locais e
tamén da galiza, procedentes de Praza Pública, Ártabra21 e ADEGA.









11 janeiro, 2013

DIVERTIMENTO - Un programa carregado de horrores...

Vista alternativa da Casa do Concello de Ferrol.
Audio do DIVERTIMENTO para pequenos monstros do xoves 10 de xaneiro de 2013.

Unha colleita de novas e audios da última semana, unha boa selección musical e uns monstros...

  • Audio do Pleno do Concello donde o PP e "Independientes por Ferrol" perpetan o roubo da sede do Ateneo Ferrolán.
  • Alfon, o último dos detidos da pasada Folga Xeral, xa está en liberdade. Benvido!
  • Militante independentista, denuncia torturas durante a súa detención.
  • O aparato Xudicial de Ferrol arquiva a denuncia por torturas na Comisaría de Ferrol a Pintos, co-secretario comarcal CIG.
... dúas horas de películas de terror que vos deixarán democráticamente xélidos...

Selección musical e realización: Pequeno Monstro. Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrolterra] e Rádio Kalimera, 107.9 [Compostela].




Podes baixar o audio con maior cualidade aquí: Download  [enlace provisorio].


Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta "Divertimento"].

A Fábrica da lus. Vol.09. O Futuro da lingua.

A Fábrica da lus. Vol. 09 - O Futuro da lingua.

Abordamos o ensino do galego na escola, o seu futuro e a súa relación co portugués. Contamos con Mauricio Castro, mestre de portugués na EOI de Ferrol, Xosé Manuel Sardiña, filólogo, e Carlos Outeiro, da Mesa pola Normalización Lingüística e, coma sempre, coa opinión anónima da xente colleitada nas rúas da cidade esta última semana. Emítese mañán sábado de 11 a 13 horas.

07 janeiro, 2013

OFF MENTAL [músicas sen fronteiras] - programa 43

Edición nº 43 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM.

Neste programa, especial VIEJO CAFÉ DE EUROPA [Victor Rozalen & Atom Cobalto].
Escoitamos as pezas do seu álbum Das Kinetik Effekt [El Que? Produkt, 2012].
  • Radioansage GroBdeutscher.
  • An Lucable Fault Location.
  • Bernardo.
  • Darkflow.
  • Your Simple Life.
  • El Rey de la Oscuridad.
Ademáis, escoitamos algunhas bandas e entes que influencian aos VIEJO CAFÉ DE EUROPA.
  • NITZER EBB - Backlash - mix nº4 [Shame 12". Mute Records, 1989].
  • THIS MORTAL COIL - Acid, Bitter & Sad [Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].
  • KRAFTWERK - Antenna [Radio-Activity. Capital Records, 1975]
  • Y.M.O. - Computer Game - extracto [Y.M.O. Alfa Records, 1979]
  • Y.M.O. - Firecracker [Y.M.O. Alfa Records, 1979]
Selección musical, comentarios e control técnico de son: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM].



Descarga/escoita o audio aquí con maior cualidade: Download episode

+ info Viejo Café de Europa: http://cafedeeuropa.blogspot.com / http://elquemusic.blogspot.com
Todos os programas OFF MENTAL en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta "Off Mental"].

05 janeiro, 2013

Programa do Colectivo OPAII/Radio FilispiM 04/01/13

Participan Cholo, Javier Malespina e Iago, con moita tertulia, comezamos cun estudiante de Comunicación Audiovisual, Antón Rodruíguez, que curiosamente entrevista aos propios locutores,
sobre Radio FilispiM e os medios comunitarios.

Seguimos cos compañeiros Víctor e Andrés de Espacio Infinito, que a mediados deste mes comenzarán a súa singladura neste medio de expresión.



29 dezembro, 2012

80 Vinilos/h [prog. 45] - Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada 80s [Vol.4]

Bernardo Bonezzi & Didi St. Louis (La Edad de Oro. Rtve, 1985)
Edición nº 45 de 80 Vinilos/h.

 - Volume nº 4 da Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada dos 80s.
de BEIRUT LA NOCHE á BRIGHTON 64

Contido:

  • BEIRUT LA NOCHE - Ella se hizo monja [Ella se Hizo Monja. Single, 1983].
  • BEIRUT LA NOCHE - Expaña [Expaña. Single, 1984].
  • BETTY TROUPE - Nuevos héroes [Nuevos Héroes. Lp, 1984]
  • BICEPS - Muñeco de ficción [Muñeco de Ficción. Ep, 1985]
  • BLOQUE - La libre creación [Bloque. Lp, 1978]
  • BONEZZI & ST. LOUIS - El beso de la muerte [El Beso de la Muerte. Lp, 1984]
  • BONEZZI & ST. LOUIS - La herencia [El Beso de la Muerte. Lp, 1984]
  • BORNE - Metropol [Unidades Didácticas. Lp, 1982]
  • BRIGHTON 64 - Palabras con sabor [El Problema es la Edad. Lp, 1987]
  • BRIGHTON 64 - La casa de la bomba [El Problema es la Edad. Lp. 1987]
Selección musical, comentarios e realización técnica: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, Ferrol].


Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta "80s Vinilos"].

Programa Especial do Colectivo OPAII [28-12-2012]

Neste Programa Especial do Colectivo OPAII do Venres 28 de Decembro de 2012, despedimos o ano com umha tertuli a entre varios socios e socias do colectivo, ainda que a nossa primeira intençom era fazer algo festivo e repasar o que foi este ano 2012, a cousa variou moito, e nom sei se foi pola bebida ou pola comida ;)



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]