Pesquisar neste blog

14 novembro, 2012

Programa Especial FOLGA XERAL,14-N 2012. Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol]

Cobertura Xornada Europea Folga Xeral -14N2012 

Logo da estupenda cobertura da manhá dos nosos companheiros de CUAC FM de A Corunha, cuxo sinal enlazamos en Rádio FilispiM, os integrantes de Rádio FilispiM en Ferrol, recollimos o testigo e continuamos informando xa na tarde.

O programa especial comezou as 18:00 h. e rematou cara as 20:00 h.

 No estudio estiveron:
- Cholo Martínez.
- Miguel Reimundez.
- Pablo Melaski
- Miguel Castro

- Paula Meizoso
e o Pequeno Monstro.

Contiúdo do programa:
-  O porque da convocatoria da Folga Xeral do 14N.
-  Como transcorreu, repercusión, datos no local, País, Estado e Europa.
-  Como a vivimos cada quen. Crónicas persoais dos integranes do Colectivo/Radio.
-  Documentos sonoros rexistrados polos reporteiros de Rádio FilispiM. 

-  Cobertura polos medios do terceiro sector, cobertura de Cuac FM. Conexión vía dúplex con Radio ELA, libre de Madrid.
-  Participación activa dos ouvintes, telefono directo, twiter, facebook.
-  Valoracións finais. 




Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM [93.9 FM, Ferrol]

13 novembro, 2012

Rádio FilispiM se suma a XORNADA DE LUITA XERAL do 14-N

Este 14-N o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, se suma dende as ondas e a rúa a XORNADA EUROPEA DE LUITA XERAL.

Dende as 9:00 da manhá, o dial de Rádio FilispiM, 93.9 FM, redifundirá o PROGRAMA ESPECIAL que se realizará desde a radio comunitária de A Corunha, CUAC FM.

Xa na tarde, a partir das 18:00 h., Rádio FilispiM, 93.9 FM realizará un PROGRAMA ESPECIAL dende o seu estudio en Caranza, continuando a cubrir a XORNADA DE LUITA e AVALIANDO O ACONTECIDO ATÉ ESE MOMENTO, en Ferrol-Terra.

Desta maneria Rádio FilispiM, dará cobertura informativa da XORNADA DA LUITA do 14-N, dende primeira hora da manhá e até entrada a noite, coa colaboración de Cuac FM.

FilispiM, na rúa.
Moitos dos integrantes do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM estarán nas rúas da nosa comarca, participando nos piquetes, dando cobertura informativa, con toma de sonido e recompilando datos que servirán de apoio ao programa especial da tarde, en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Participa no programa especial.
Agardamos as túas chamadas, a partir das 18:00 h, para darnos a túa opinión do acontecido ou fazer de correspondente. Chámanos teléfono de directo:  981.37.10.40

11 novembro, 2012

Música, surf, medio ambiente - Trigésimo programa 06.11.12



2007. SE CELEBRA EL XX ANIVERSARIO

Ninguna forma mejor de hacerlo que con la publicación del libro “PANTIN CLASSIC -20 años de historia-“. Sus textos, fotos y calidad de edición lo convierten en un referente en el mundo del surf, en una evidencia más de que Galicia cuenta con un “clásico”, que el Pantín ya hace honor a su nombre.
Del editorial de la revista de ese año y del propio libro extraemos dos citas.
“Como indivíduos somos una gota de agua…juntos formamos un océano”
-Ryunosuke Satoro-
“No se por qué estamos todos tan ligados al mar. Tal vez sea porque todos procedemos de el. Es un fenómeno biológico sorprendente el que por nuestras venas, en nuestra sangre, fluya el mismo porcentaje de sal que el que existe en el océano. Tenemos sal en la sangre, en el sudor y en las lágrimas. Estamos ligados al mar. Y cuando regresamos a el para navegar –surfear- y admirarlo, regresamos al lugar de donde procedemos.”
John F. Kennedy.

Es este el último campeonato que organiza en solitario el Océano Surf Club.
El título femenino fue para la francesa Pauline Ado y el masculino para el alemán Marlon Lipke.

Mientras realizamos este programa los americanos están votando a su nuevo presidente. Uno de los candidatos decía en 2008: “ I let my mind wander back to Sandy Beach (Hawai), it helps me, somehow knowing that these wonderful places exist and, that at some level, I”ll always be able to return to them.”
Por supuesto era Barack Obama y nosotros apostábamos por el…


08 novembro, 2012

Baixo Lupa 2P1T "Espejos" de Eduardo galeano parte II

Dun mundo ... a outros ...
Continuamos neste segundo programa coa mesma temática que o anterior, xa para finalizar; con "Espejos" penúltimo libro do escritor uruguaio Eduardo Galeano. Seguiremos con
este repaso á historia por medio de microrelatos. Baixo Lupa é un
programa de arte e sociedade que se realiza e emite na ferrolana Radio
FilispiM.


Así que deixamos o mundo que foi este marabilloso libro de relatos para viaxar a un novo mundo no próximo Baixo Lupa.

06 novembro, 2012

80 Vinilos/h [prog. 42] - Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada 80s - Vol.1

Academia Parabüten
Nesta edición nº 42 de 80 Vinilos/h, primeira entrega da Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada dos 80s.

VOL.1: de ACADEMIA PARABÜTEN a ALMODOVAR Y Mc NAMARA. 


Contido:
- ACADEMIA - Soy parabüten [Lp. Esas Chicas. Tres Cipreses, 1986].

- AEROLINAS FEDERALES - Oh, que pena me das [Lp. Hop Hop, 1987].
- AFFAIRE NIÑAMÓNICA - Affaire [Maqueta, 198?].
- AGRIMESOR K - El extraño [Maqueta, 198?].
- AL FIN SOLOS - 100 horas sin sueño [Maxi. He Comprado un Hombre para Ti. Twins, 1985].
- ALARMA! - Losa [Lp. Alarma, 1984].
- ALASKA Y LOS PEGAMOIDES - El jardín [Flexidisc agasallo nun concerto na Escuela de Caminos, 1982].
- ALASKA Y DINARAMA [interpreta: Carlos Berlanga] - Nunca se sabe [Maxi. Deja de Bailar, 1983].
- ALEX Y CRISTINA - El ángel y el diablo [Lp. El Ángel y el Diablo, 1989].
- ALMODÓVAR Y Mc NAMARA. - Suck it to me [Lp. Como está el Servicio de Señoras. Victoria, 1983].

Selección musical, comentarios e realización técnica: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, Ferrol]. 


Todos os programas en: http: pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta: "Serie: 80 Vinilos/h"].

04 novembro, 2012

Música, surf, medio ambiente - Vigésimo noveno programa 30.10.12



BIG WAVES. OLAS GRANDES. OLAS GIGANTESCAS.
Qué es, qué significa para un auténtico surfer una ola gigante?
Se resume en seis frases cortas:
  -Años de preparación
  -Meses de espera
  -Días de ansiedad
  -Horas de tensión
  -Minutos de terror
  -Segundos de gloria!!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]