Pesquisar neste blog

25 setembro, 2011

Foro Social Ferrolterra Como podemos frear a perda de dereitos?



É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con qué ferramentas contamos e cuais temos que construir? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?

Merchi Díaz López da Plataforma pola defensa da sanidade Pública e sindicalista.

Silvia Bermúdez Pérez, sindicalista da CIG, licenciada en dereito, vinculada á FESGA.

Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia.

Vitoria Iglesias, activista femenina da Marcha Mundial das Mulleres.

Presenta o acto Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado á Nova Escola Galega e ao STEG.



Descargar o audio

Foro Social Ferrol Terra noutro modelo produtor enerxético



A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.

Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista.

Manuel Rivera, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da cooperativa intercultural Armeria.

Isabel Vilalba, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario "La via Campesina"

Presenta a charla Manuel R. Carballeira, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia.


Descargar o audio

24 setembro, 2011

Foro Social Ferrolterra Son posíbeis outros medios de comunicación?



Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?

Lois Rodríguez, cofundador da Asociación de Medios en Galego.

Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, redactora da revista Tempos Novos.

Mariano E. Fernández Cabarcos, coordenador legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).

Introduce a mesa Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movemento veciñal.


Descargar o audio

Foro Social Ferrolterra Movemento 15M, qué hai de novo?


Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas Comprometidas.

Martinha Suárez Martínez, activista de #acampadaferrol.

Jordi Calvo Rufanges, economista, activista e investigador sobre os movementos sociais.

Presenta Lupe Ces Rioboo, activista social integrante da Marcha Mundial das Mulheres.



Descargar o audio

23 setembro, 2011

Programa especial manifestación Foro Social Ferrolterra 23/09/2011

Programa especial narrando a manifestación que inaugura o Foro Social de Ferrolterra.



Descargar o audio

Rádio FilispiM co Foro Social de FerrolTerra

Rádio FilispiM, intentará cubrir o Foro Social de Ferrol Terra ao vivo, do começo à fim, a través de internet poderedes seguir as charlas que se impartirám, se nom podedes assistir ao Foro, Rádio FilispiM achegara o Foro, a vos.

PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL
Foro Social de Ferrol Terra
Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011
Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC

O Venres 23 de Setembro, está previsto celebrar unha Manifestación ás 19:00 hs. e posteriormente unha Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participaran voces indignadas e comprometidas.

Nota: A manifestación non estará convocada polo Foro Social, senón polas organizacións promotoras do Foro e quen se quixera somar.



SÁBADO 24 de Setembro

09:30 hs.
O Movemento 15-M , que hai de novo?
Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo “democrático” actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M.

Presenta a Mesa: Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres.
  • Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas. 
  • Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol.
  • Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.
11:00 hs.
Son posíbeis outros medios de comunicación?
Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?

Presenta a Mesa: Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal.
  • Lois Rodríguez, Cofundador da Asociación de Medios en Galego.
  • Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, redactora da revista Tempos Novos.
  • Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).
16:00 hs.
Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético.
A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.

Presenta a Mesa: Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxéncia.
  • Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista.
  • Manuel Rivera, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria.
  • Isabel Vilalba, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.
17:30 hs.
Como podemos frear a perda de dereitos? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?

Presenta a Mesa: Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.
  • Merchi Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista.
  • Silvia Bermúdez Pérez, licenciada en dereito, vinculada á FESGA.
  • Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia.
  • Vitoria Iglesias, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

DOMINGO 25 de Setembro

09:30 hs.
Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?

Presenta a Mesa: Magdalena González, presidenta da Asociación Veciñal de Prioriño, activista pola democracia participativa.
  • Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño.
  • Martiño Noriega, alcalde de Teo.
  • Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.
11:00 hs.  
Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?

Presenta a Mesa: Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
  • Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego.
  • Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo.
  • Juán Carlos Monedero, sociólogo, profesor, escritor e activista.



Descargar a cunha do foro


Descargar a cunha da programación que emitirá RFM

Divertimento - Entrevista a Suso, Foro Social Ferrolterra + Merce, Acampada Ferrol [Plataforma Afectados Hipotecas]

Este xoves 22 de setembro de 2011 as 18:30 h. en Rádio FilispiM, comezou unha nova tempada de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Neste programa:
- Suso un dos organizadores do Foro Social de Ferrolterra que se celebrará este 23, 24 e 25 de setembro no Campus Universitario de Esteiro [Ferrol].

- Merce, integrante do colectivo Acampada Ferrol e unha das organizadoras da Manifestación polo Dereito a Vivenda Digna [Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas] que partirá o domingo 25 de setembro da Porta Nova [Ferrol] e doutras moitas cidades do Estado.

Unha das novidades máis salientábeis de Divertimento na grella 2011/2012 é a re-incorporación á equipa de Blen Santiago [Ana Lucecú], quen formou parte dos "monstros" cando o espazo emitiase pola Radio Fene e mesmo na desaparecida Radio Kaos de Ferrol, hai desto xa moitos anos.

Esté é o podcast do Divertimento:


Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]