Pesquisar neste blog

12 julho, 2011

O Souto [ADEGA] - 23/05/2011


Edición de O Souto, programa de ecoloxía e medio ambiente do Colectivo ADEGA-Trasancos en Rádio FilispiM, realizado o pasado 23 de maio de 2011.

O SOUTO pode ouvirse na vosa radio nos seguintes días e horas:

DIRECTO: segundas feiras [luns] de 20:00 á 21:00 h -> Chama ao Nês por telefone ao 981.37.10.40 [Tlfne. estudio Rádio FilispiM].
DIFERIDO: quintas feiras [xoves] de 12:00 á 01:00 h. da madrugá e ademáis de 10:00 a 11:00 h. da mañá. Os sábados tamén, de 16:00 á 17:00 h. Tamén podes ouvilo ou descargalo neste Podcast e mesmo en:
www.osoutodeadega.blogspot.com

Descargar o audio

08 julho, 2011

Divertimento - Especial "Desmontando o ensino público. Contrato por Ferrol".

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, que demos en chamar "Desmontando o ensino público. Contrato por Ferrol".

Contamos coa presenza no estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de Patricia e Ana, nais de nen@s e da comunidade educativa do Colexio Rural de Lago en Valdoviño, así como de José Manuel [profesor] e Juan [ANPA] da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.

Como xa é público sobre a Escola de Valdoviño existe unha ameaza seria de feche e sobre a escola de San Xoán de Filgueira unha reducción dos seus recursos humanos e de unidades pese ao incremento de alumnado. Este último centro contínua o seu feche de protesto contra estas medidas, dende o pasado xoves 30 de xuño. 
Ademáis, outros centros educativos públicos da comarca de Ferrol son afectados por estoutra "reconversión", dunha o doutra maneira: Rodolfo Ucha, IES Ferrolterra, CIFP de Fene, Colexios Os Casais de Maniños e O Ramo de Barallobre, IES Fernando Esquío de Neda, Colexio San Ramón de Moeche... A nível de Galicia, estes recortes afectan a outros moitos centros, todos públicos.

Durante o programa analisouse a delicada situación dos Ensino Público na comarca de Ferrol [patrocinada paradoxalmente por quen "administra" o público -> Xunta de Galicia e os seus monaguillos], ademáis se estabeleceu un interesante diálogo cos ouvintes que chamaron a radio en directo.


Descargar o audio

Foto: Susete Ferrol

07 julho, 2011

80 Vinilos/h - Programa 37

Edición nº 37 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, damos a benvida a unha nova sección internacional ["Sons do Máis Aló"], comandada polo blogue chorbyradio.blogspot.com, e pinchamos as músicas de:

AZUL Y NEGRO - Technovision [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983

AZUL Y NEGRO -The Night [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983
EL AVIADOR DRO - Brigada de demolición [Lp. Alas sobre el mundo – 1982 DRO]
EL AVIADOR DRO - Cita en el Asteroide [Lp. Alas sobre el mundo - 1982 DRO]

ESPLENDOR GEOMÉTRICO – Unidad de control [demo track incluida na reedición en CD do ano 2000 da casete EG1 publicada orixinalmente por Datenvararbeitung no ano 1981]
MECÁNICA POPULAR – Daguerrotipo [Lp. Que sucede con el tiempo? - DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico]
MECÁNICA POPULAR – Máquinas y procedimientos [Lp. Que sucede con el tiempo? - DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico]

Sección internacional, "Sons do Máis Aló" [chorbyradio.blogspot.com]:

YAZOO – Situation [Cara B single Only you - Mute Records 1982]
THE MEN – I don´t depend on you [Single – Virgin Records 1979]
RHEINGLOD – Deiklangs–Dimensionen [Single, tirado do Lp Rheingold - Welt Rekord 1980]

Descargar o audio

Accede a toda a serie de 8o Vinilos/h neste enlace.

Monstro, agréganos no Facebook.

06 julho, 2011

O Recuncho nº 54


Cos seguintes contidos:
A situación do CEIP San Xoán de Filgueira: A Directora estará presente no noso estudo.
O tema de la sanidade pública na nosa comarca.
O CDG trouxo ao Jofre “A ópera dos tres reás” de Brecht.
Audición mostra discográfica de Brecht: Lotte Lenya, Massiel, Ana Belén, Miguel Ríos...
O escándalo da SGAE.
Noticias Fuco.
O espertar da razón (por José Torregrosa): Las espinacas y el Síndrome de Popeye.
Libros e películas para o verán, por Víctor Novás e José Torregrosa.
Sección de poesía: Lorena Calaza tráenos ao poeta roteño Felipe Benítez.

Descargar o audio

Pinchacarneiro 02

Entrevista a David Saavedra Pino, Técnico de prevención do concelho de Noia.
Reducción de Riscos de cara ao Festival do Mundo Celta.



Descargar o audio

04 julho, 2011

80 Vinilos/h - Programa 36

Edición nº 36 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, pinchamos as músicas de:
- MAMÁ - Tu chica no te cree [2º Lp homónimo - Polydor 1982]
- MAMÁ - Tu chica no te cree [CD El show empieza. Las maquetas - Rock Indiana 2000]

- MAMÁ - Síguelo/Toca Seguir [CD El show empieza. Las maquetas - Rock Indiana 2000]
- MAMÁ - Síguelo [2º Lp homónimo - Polydor 1982]
- HAPPY LOSERS - Un nuevo color [versión peza de Mamá - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]

- MALCONSEJO - Metadona [versión peza de Los Pistones - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]
- LOS PISTONES -Metadona [1º Lp Persecución - MR-Ariola 1983]
- FEEDBACKS - Me debo marchar [versión peza de Los Elegantes - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]
- LOS ELEGANTES - Me debo marchar [Single Me debo marchar - Record Runner 1982]
- LOS GRANDES - En primer plano [versión peza de Los Modelos - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]
- LOS MODELOS - En primer plano [MiniLp póstumo MR-Ariola 1983]
- LOS MODELOS - Las gafas negras [MiniLp póstumo MR-Ariola 1983]

Accede a toda a serie de 8o Vinilos/h neste enlace.

Monstro, agréganos no Facebook.

01 julho, 2011

Divertimento - Ataque da Xunta ao ensino público + Festa presentación "Do Wah Diddy! Pop Festival" [Ferrol]..

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], de 30 de xuño de 2011.

Contidos:
- Inminencias e incidéncias sónicas ferrolterráqueas. Ouvimos pezas do novo álbum de ROGER DE FLOR [El mundo está loco, loco, loco], un adianto do vindeiro disco de OSCAR QUANT e dúas pezas radiantes-maketas dos ferrolás iluminados CARRERO BIANCO.

- Ataque da Xunta de GZ ao ensino público [CEIP San Xoan de Filgueira]. Contacto telefónico por mór do feche que está comunidade educativa iniciou este xoves. Un recoñecido e premiado centro público da comarca posto contra as cordas pola Administración galega -> http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxoanfilgueira/node/272

- Entrevista a CARLOS ESPEJO, un dos organizadores de DO WAH DIDDY! POP FESTIVAL, que se celebrará o venres 1 de xullo no pub Carteles de Ferrol. Escoitamos músicas das bandas que conforman o cartaz da festa presentación deste festival: The Right Nows [Cedeira], The Seasongs [Madrid] e Bang 74 [Ferrol].


Descargar o audio
Monstro, agréganos no Facebook.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]