Pesquisar neste blog

22 novembro, 2010

O Souto [ADEGA] 15-11-2010

Nova edición de O Souto, o programa de ecoloxía e meio ambiente de ADEGA-Trasancos en Rádio FilispiM, radio libre e comunitaria.

Programa correspondente ao quince de novembro de 2010.

Para saber máis do programa O Souto [horarios emisión na FilispiM...] visita: http://osoutodeadega.blogspot.com


Descargar o audio

21 novembro, 2010

acoplados sin merienda 19 de novembro 2010


 Set list acoplados sin merienda 19/11/10:

  • Crystal Fighters – Star of love – Plage
  • Nudozurdo – Sintética – Ha sido divertido
  • Misterioso asesinato en Manhattan – Woody Allen – Sing sing sing - Louis Prima
  • Os Haxixins – Onde meditar
  • Dirty Socks – Go Ape
  • Louis Amstrong – La vie en rose
  • Bang 74 – Three Kids – Candy
  • Triángulo de Amor Bizarro – Año Santo – De la monarquía a la criptocracia
  • Vinila von Bismark & The lucky Dados – The secret carnaval – Oh Baby  
acoplados sin merienda todos os venres de 18h a 19h en Radio FilispiM 93.9FM



Descargar o audio

Programa do Colectivo 19 de Novembro de 2010

Informaçom sobre actos pola Memoria Histórica e contra as privatizaçons dos servicios públicos, agenda cultural e música.


Descargar o audio

20 novembro, 2010

O Recuncho Nº 33


sábado 20 de Novembro
Neste programa :
-Especial Sahara. Estiveron Mayte e Benigno no estudo de Radio Filispim, representantes da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, os cales falaron da traxedia que sofre o pobo Saharaui.
-Contactamos con ADMED, cidadán Saharaui que nos falou dende o campo de refuxiados de Tinduf, en Arxelia.
-8º aniversario do afundimento do Prestige. Falamos con Mercedes Martín, concelleira de Medio ambiente de Camariñas e vicepresidenta da Fundación Man, quen nos falará das consecuencias do afundiemento deste tristemente famoso buque e do estado da obra do famoso artista alemán.
-21 de Novembro: Todos a Compostela a defender a sanidade pública. Falamos en directo con Inácio Martínez Orero, un dos firmantes do comunicado “ A privatización ao pé da casa” e membro do colectivo Ártabra 21.
-Na sección poética, esta vez levada por Lorena Calaza, tratamos ao poeta Ángel González.
-Coma de cotiá José Torregrosa, coa sú sección “O espertar da razón”: Luis García Berlanga.
Un saúdo, dende O Recuncho.


Descargar o audio

19 novembro, 2010

Ràdio Pica e Ràdio Bronca [Barcelona] interferidas pola radio comercial pirata "MolaFM".

O 29 de xullo pasado a Generalitat aprobou o Decreto de medios audiovisuais sen ànimo de lucro, un decreto que pretende controlar tanto o funcionamento como os contidos das radios libres a través do CAC [Consello do Audiovisual de Catalunya].

Á parte do decreto que pretende limitar as radios libres de Catalunya, desde principios de Setembro, a frecuencia do 96.6 FM de Ràdio Pica [compartida entre Ràdio Pica i Ràdio Bronka] está a ser interferida polas emisións da radio de MolaFM.

MolaFM é unha radio privada, comercial que recibe subvencións escandalosas por parte da administración. Esta emisora non ten ningún tipo de licenza nin concesión para emitir en Barcelona, e a pesar diso fano desde a mesma torre de Collserola cos parabéns de Abertis Telecom, Telefónica e a propia Generalitat de Catalunya.

Apoia aos medios libres, apoia a Ràdio Pica e Ràdio Bronka de Barcelona. Se queres podes asinar aquí.

Máis info en: http://barcelona.indymedia.org

18 novembro, 2010

Leña Dura DF nº5



Descargar o audio

Atenta !! nº 6 [16-11-2010]

Sexto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM

Contidos:

  • Falamos con Charo, integrante da Marcha Mundial das Mulleres para falar do 25 de Novembro e que nos contase como vai a encarar este ano a Marcha este Día Internacional contra a violencia machista.
  • Na nosa cociña fixemos unha caldeirada de Pescada
  • E na sección de seco voltamos a falar das Bolas Chinas.

Música:

María se bebe las calles - Pasión Vega
Come Mierda - La Polla Records.
Sintonía da cociña Cousiñas - Do disco TIC - TAC
Sintonia de sexo  Pidechas o corpo - Ana Kiro.


Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]