-Especial Sahara. Estiveron Mayte e Benigno no estudo de Radio Filispim, representantes da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, os cales falaron da traxedia que sofre o pobo Saharaui.
-Contactamos con ADMED, cidadán Saharaui que nos falou dende o campo de refuxiados de Tinduf, en Arxelia.
-8º aniversario do afundimento do Prestige. Falamos con Mercedes Martín, concelleira de Medio ambiente de Camariñas e vicepresidenta da Fundación Man, quen nos falará das consecuencias do afundiemento deste tristemente famoso buque e do estado da obra do famoso artista alemán.
-21 de Novembro: Todos a Compostela a defender a sanidade pública. Falamos en directo con Inácio Martínez Orero, un dos firmantes do comunicado “ A privatización ao pé da casa” e membro do colectivo Ártabra 21.
-Na sección poética, esta vez levada por Lorena Calaza, tratamos ao poeta Ángel González.
-Coma de cotiá José Torregrosa, coa sú sección “O espertar da razón”: Luis García Berlanga.
O 29 de xullo pasado a Generalitat aprobou o Decreto de medios audiovisuais sen ànimo de lucro, un decreto que pretende controlar tanto o funcionamento como os contidos das radios libres a través do CAC [Consello do Audiovisual de Catalunya].
Á parte do decreto que pretende limitar as radios libres de Catalunya, desde principios de Setembro, a frecuencia do 96.6 FM de Ràdio Pica[compartida entre Ràdio Pica i Ràdio Bronka] está a ser interferida polas emisións da radio de MolaFM.
MolaFM é unha radio privada, comercial que recibe subvencións escandalosas por parte da administración. Esta emisora non ten ningún tipo de licenza nin concesión para emitir en Barcelona, e a pesar diso fano desde a mesma torre de Collserola cos parabéns de Abertis Telecom, Telefónica e a propia Generalitat de Catalunya.
Apoia aos medios libres, apoia a Ràdio Pica e Ràdio Bronka de Barcelona. Se queres podes asinar aquí.
Sexto programa de Atenta!! na radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos, Rádio Filispim no 93.9 FM
Contidos:
Falamos con Charo, integrante da Marcha Mundial das Mulleres para falar do 25 de Novembro e que nos contase como vai a encarar este ano a Marcha este Día Internacional contra a violencia machista.
E na sección de seco voltamos a falar das Bolas Chinas.
Música:
María se bebe las calles - Pasión Vega Come Mierda - La Polla Records.
Sintonía da cociña Cousiñas - Do disco TIC - TAC
Sintonia de sexo Pidechas o corpo - Ana Kiro.