Cuarta edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM.
Neste programa escoitamos as músicas de:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti, Hispavox, 1986].
- PARALISIS PERMANENTE - Autosuficiencia [Single compartido con Gabinete Caligari, Tic Tac / Tres Cipreses, 1981].
- PARALISIS PERMANENTE - Adictos a la lujuria [Lp El Acto, Tres Cipreses, 1982].
- PARALISIS PERMANENTE - Vamos a jugar [Lp El Acto, Tres Cipreses, 1982].
- PARALISIS PERMANENTE - El Acto [Lp El Acto, Tres Cipreses, 1982].
- LOS SERES VACIOS - Los celos se apoderan de mi [Maxi homónimo, Tres Cipreses, 1982].
- GABINETE CALIGARI - Golpes [Single compatido con Parálisis Permanente, Tic Tac / Tres Cipreses, 1981].
- GABINETE CALIGARI - Como perdimos Berlín [Cara B single Olor a carne quemada, Tres Cipreses, 1982].
- GABINETE CALIGARI - El arte de amar [Lp Que Dios reparta suerte, Tres Cipreses,1983].
- ENTREVISTA A ANA CURRA - 2ª parte [Programa "Tren de Sueños", Onda Regional Murcia, 2006].
Para pedir cancións, especiais ou aportar información escribe a:oitentavinilos [arroba] gmail.com
No Programa do Colectivo do 12 de Novembro de 2010, fazemos umha pequena lembranza dos acontecementos no Sahara, agenda cultural da semana e umha estupenda charla entrevista com Lois e Merche, da plataforma S.O.S. - Sanidade Pública e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública.
Nesta ocasión xuntamos no novo estudio de FilsipiM en Caranza a tres persoas humanas integrantes de tres Colectivos extraterrestres da comarca. Xunto aos pequen@s monstros, estiveron:
Todos eles, faláronnos de como xurden estes Colectivos e Asociacións Socio Culturais, de como se organizan, dos atrancos á hora de fazer realidade as súas actividades, festas, festivais, mais tambén das súas satisfaccións. Da súa relación con outros colectivos, cos seus bairros e coas súas vilas. Contáronnos anédotas e trouxeron música para pór no Divertimento...
En definitiva, pasámolo ben traendo a festa e a luita a rádio libre de Ferrol e Trasancos:
Cuarta entrega da sesión "leñeira"; nesta ocasión, con aventura especial, xa que tralo desastre do directo da anterior edición, Satán nos recibe no inferno para botárnola bronca; non o perdas!!!
Operación cóndor 2ª parte con Irene Benincasa con quien hablamos de todo ese tejido de horror que sumergió al Cono sur en un mar de pánico, muertes, desapariciones, secuestros de niños, torturas y robos.
Llamada de Silvia, una madre quien está organizando una asosiación para los niños con déficit de atención en Ferrol.
Testimonio de Madres de plaza de mayo, que cuentan el horror que se vivió antes, durante y después de la dictadura en Argentina.
Canción " Cero a la Izquierda" de No Te Va Gustar, una banda de rock-reggae Uruguaya que vá a estar en Vigo, en La Fábrica de Chocolate este sábado 13 a las 21:00hrs.
Son moitas as expectativas para a Asemblea que se realiza no Centro Cultural Pasage Dardo Roca. Así o manifestou o presidente de AMARC, Steve Buckley, quen afirmou que "existen moitas expectativas por esta conferencia e polos centos de participantes".
Así mesmo, o máximo representante de AMARC Mundial expresou que hai que "pensar no futuro analizando o contexto, as novas tecnoloxías e aos grupos excluídos dos medios de comunicación".
Os 5 puntos principais que atravesarán a Asemblea son o empoderamiento das mulleres, a reconstrución de memorias e construción de futuro, a comunicación como Dereito Humano, as comunicacións para un mundo mellor e o aumento da incidencia das radios comunitarias.
A décima Asemblea terá lugar por primeira vez en América do Sur, entre o 8 e 13 de novembro. Alí definirase o plan estratéxico 2011-2014 e elixirase o Consello Internacional e a presidencia mundial. María Pía Matta, vicepresidenta da Asociación Mundial de Radios Comunitarias-América Latina e Caribe [AMARC ALC], valorou a realización de AMARC 10 en Latinoamérica. Dixo que a rexión "chega nunha moi boa posición ao ser das máis organizadas". E avaliou que "a experiencia de América Latina servirá moitísimo a outros continentes".
Pola súa banda, a directora do Programa de Lexislacións e Dereito á Comunicación de AMARC ALC, Aleida Callejas, destacou que aínda que houbo avances substanciais aínda existen desiguais condicións en América Latina. Por exemplo en Honduras, Brasil e México, a radiodifusión comunitaria non autorizada é penalizada, mentres Arxentina, Ecuador e Bolivia mostraron adiantos importantes.
En total serán 6 días de traballo na Asemblea Mundial, con relatorios, seminarios, talleres, visionados, radios abertas e actividades culturais e artísticas.
Informa Raúl Rodríguez, da Axencia Púlsar, da Asociación Mundial de Radios Comunitarias.