Pesquisar neste blog
07 novembro, 2010
Divertimento - VI encontros da ReMC [Alacante, outono 2010] - Nómadas [Irola Irratia]
O programa Nómadas da emisora de radio libre Irola Irratia, 107.5 [Bilbo] realizou unhas interesantes entrevistas a integrantes da Rede [estatal] de Medios Comunitarios, a ReMC. Irola Irratia é unha radio libre que esta a piques de cumprir 25 anos de emisión.Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros, escoitamos íntegro este estupendo programa que nos desvela todas aquelas dúbidas que poidamos ter sobre a organización en rede das radios libres e comunitarias no Estado español.
O responsábel de Nómadas [Irola Irratia, Bilbo, 107.5 FM] intruce o programa deste xeito:
"A comunicación é vital para o ser humano. Pero a comezos do s. XXI, vivimos nun bombardeo constante de información no que os medios de comunicación públicos e privados utilizan as súas ferramentas [radio, TV, prensa, internet, publicidade...] con fins económicos, para manter o poder, a autoridade e crear un mundo alleo ao que observamos e escoitamos nas nosas rúas cada día."
"Con todo, desde fai máis de 30 anos os medios de comunicación libres e comunitarios tratan de empoderarse das paredes, a palabra, a cámara, as páxinas, as webs para contar o que ninguén máis conta. Para crear unha comunicación de ida e volta, para coñecernos mellor, para construír unha sociedade libre e cohesionada respectando a súa heteroxeneidade."
"Por iso falaremos de comunicación, de medios comunitarios aproveitando o VI Encontro da Rede de Medios Comunitarios [Remc] celebrado entre os días 22 e 24 de outubro de 2010 en Alacante."
"Escoitaremos as voces compañer@s da ReMC; como Javi [Radio Almenara], que nos explicará que, como e por que se creo a ReMC; con Miriam [Radio Ritmo e actual coordenadora da ReMC], que nos debullará o sucedido nestas xornadas [Obradoiros de radio, mesas redondas, charlas..); con Mikel [Tas-Tas Irratia], co que profundaremos no duro e esvaradío traballo de lograr a lexitimidade legal dos medios comunitarios no estado español..."
www.sindominio.net/irola
irola@sindominio.net
irolaberriak@gmail.com
Rádio FilispiM é integrante da ReMC dende o 8 de novembro de 2009 [Acta Asemblea de Barcelona].
Descargar o audio
06 novembro, 2010
O Recuncho nº 32

sábado 6 de Novembro
Neste programa destacamos os seguintes contidos:
- Bartolo Fuentes, coordinador departamental do Frente de Resistencia e sindicalista Hondureño, acompañouno no mesmo estudo para analizar a situación que vive o país.
- Especial Acto Homenaxe aos Represaliados do Campo de Concentración de Cedeira.Escoitaremos as verbas de familiares de represaliados. Falaremos da situación, dos presos, e da súa vida no campo.
- Vicente Álvarez Areces, presidente asturiano, mandounos unha mensaxe ao Recuncho falándonos da figura de Xosé Loureiro Lugrís.
- Especial – en directo - inauguración do novo local de Fuco Buxán.
- Na sección poética, recuperamos, no centenario do nacemento, a figura de Miguel Hernández.
- Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”.
80 Vinilos/h - 3er programa
Terceira edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos 80 en Rádio FilispiM.Neste programa escoitamos:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti, 1986, Hispavox].
Sin Fronteras Nº2
Descargar o audio
05 novembro, 2010
03 novembro, 2010
Programa nº 4 de Atenta [02-11-2010]
Contidos:
- Entrevista con Tareixa, delegada da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza no III Encontro Internacional realizado no Congo.
- Iniciativas de crítica, denuncia sobre a visita do Papa: Comunicado das Mulleres Crentes da igrexa galega , O Caminho a Teo ou plataformas en laicismo.org,
- Fixemos un doce de marmelo
- E falamos na sección de sexo da pelicula "La vida empieza hoy"
- Nas nosas aulas seguimos co libro de ATTAC, " Estan en peligro las pensiones publicas"
- Falamos unha vez máis do carbón, neste programa sobre o carbón de importación que ven desde Indonesia e da explotación laboral que conleva a sua extracción. Extraido do documento Materiales oscuros.
Música:
Seras féliz - Che Sudaka
Salve - La Polla Records
A nossa historia - Matraca Perversa
Descargar o audio



