Pesquisar neste blog

12 junho, 2010

O Souto [ADEGA] - RadioFilispim 30-05-2010

Última emisión do programa de ecoloxía e meio-ambiente de ADEGA-Trasancos na radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM.

Según as verbas do condutor do programa, Nês: "Despois de sete meses e meio no caso de O Souto, penso que ben merecemos un pequeno descanso. Agardamos de todos os xeitos voltare nos mes de setembro con novos folgos para continuare traballando pola consolidación dun proxecto fundamental para a transformazón social. É dicir, un medio de comunicazón ao servizo da xente feito por colectivos sociais ou xente particular para ser nós mesmas quen xestionemos a informazón, informazón que transmitimos ao resto da sociedade que nos sintoniza."

"Este é un principio fundamental e fundacional de Rádio FilispiM, como tambén de outras moitas radios libres e comunitarias espalladas polo País. Así que vos animamos a que nos comezos do proximo curso radiofónico [setembro] ; a que fagades parte deste proxecto colectivo en defensa dos valores sociais e defensa tambén do País. Para celebrarmos máis un ano das emisións de Rádio Filispim temos [para o día 8 de xuño de 2010 ] unha nova Sesión Vermú como feche da programación deste curso 2009-2010...".


No programa de hoxe, Nès, ademáis falounos do Comité de Emerxencia para Ría de Ferrol, da Sociedade Galega de Historia Natural [SGHN], da revista Cerna [ADEGA], de Radio Cerna e tambén da andalucita de Pico Vello, ademáis de pórnos moita música:

Descargar o audio

08 junho, 2010

Reportaxe CNT - [Manifestación Folga Xeral Empregadas Publicas - Ferrol 08/06/2010]

Reportaxe realizada polo Pequeno Monstro [Rádio FilispiM] sobre a participación da organización anarco-sindicalista CNT na manifestación da Folga Xeral de empregadas publicas en Ferrol [08/06/2010]

Descargar o audio

02 junho, 2010

VIII Sessiom Vermú de Rádio FilispiM no Ateneo Ferrolán

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjUSMW7HtlpBOxlKKr0l6U20n3WlDTh9TijavdU2eQP4nVFscJeHg7A-JF0t7YPgQpeGMVu02jroZgeS84PlvSL4ReWFwmkyPbH8ehcis3S4f0QRZVodmcm_QCd8hP3ixRx4mg8/s1600/VIIISesiom+Vermu.jpg

O Sábado 5 de Xunho, Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán, a partir das 12 do mediodía, con a retransmisión dum programa especial para despedir a tempada 2009-2010.

Pinchos, vermú e música para tod@s coa colaboración de El hombre Flipante.

Descargar o audio da cunha

01 junho, 2010

Audios concentracións contra medidas anti-sociais - Ferrol 02-06-2010


Audio rexistrado por Rádio Filispim, concentración parados auto-convocados. Ferrol - Praza de Armas, 2 de xuño de 2010, 11:30 h:

Descargar o audio


Audio rexistrado por Rádio Filsipim, concentración CIG - Empregadas públicas [Oscar Péres]. Ferrol - Praza de Armas, 2 de xuño de 2010, 11:40 h:

Descargar o audio


Audio rexistrado por Rádio Filispim, concentración CIG - Empregadas públicas [Manel Grandal]. Ferrol - Praza de Armas, 2 de xuño de 2010, 11:55 h:

Descargar o audio


Audio rexistrado por Rádio Filispim, concentración CIG - Empregadas públicas [César Arba]. Ferrol - Praza de Armas, 2 de xuño de 2010, 12:20 h:

Descargar o audio

31 maio, 2010

O Souto [ADEGA] - Radio Filispim 24-05-2010

Nova edición de O souto, programa de ecoloxía e medio-ambiente de ADEGA-Trasancos en Rádio Filispim.

Nesta ocasión acompaña ao Nes, Helena Carquejeiro da SGHN [delegación de Ferrol] para falare da Serra do Courel e lermos algúns poemas dun dos fillos daquelas terras: Uxío Novoneira, a quen se lle adica este ano 2010 o Día das Letras Galegas.

Descargar o audio
Blog de O Souto: www.osoutodeadega.blogspot.com

30 maio, 2010

Spanglish 28 de maio 2010


Set list Spanglish 28 de maio 2010:

  • Tricky – Blowback – Evolution revolution love
  • Os Mutantes - Haih or Amortecedor - Neurociêcia do Amor
  • Fox loco phantom – Chaotic monster – Tokyo rocks
  • The Commitments - Treat her right
  • Sonic Youth – Goo - Dirty Boots
  • Sonic Youth – The Eternal - Leaky Lifeboats
  • Chico Ocaña (Mártires del Compás) - ¡Oh! Galicia Calidades
  • Depressive Art – Bye Bye Dear Everything – Solar system
  • Nouvelle Vague – NV 3 - Ca plane pour moi - original Plastic Bertrand
  • Leite de nai – Friki boy
  • Tachenko – Os reís pq sois jóvenes – Escapatoria
  • Gorillaz – Plastic Beach - Superfast Jellyfish


Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]