Nova edición do programa de ecoloxía e meio-ambiente O Souto, programa de radio da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza [ADEGA], en Rádio Filispim, 93.9 FM.Atoparás máis info en: http://www.osoutodeadega.blogspot.com
Nova edición do programa de ecoloxía e meio-ambiente O Souto, programa de radio da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza [ADEGA], en Rádio Filispim, 93.9 FM.
Set list Spanglish 7 de maio 2010:
Como todas as semanas, ecolóxicamente, Nês volveu ao imnenso estudio de Rádio Filispim, para fazer unha nova edición de O Souto, o programa de ecoloxía e meio-ambiente de ADEGA-Trasancos. Para esta ocasión o Nès fálanos da celebrazón dos Maios, entre outras cuestións.
Novo episodio da serie Pensamento 3, hoxe recuperado para Rádio FilispiM por Divertimento para pequenos monstros.O propio García Calvo, na habitual introduzón ao tema, comenta o que segue:
"Imos tratar este asunto para o que a actualidade [morte masiva de expectadores no estadio de fútbol de Sheffield, abril 1989], que non é máis que a faciana que a eternidade nos ten brindado outra ocasión máis, mais nista ocasión, en troques de Madrid ao ceo [como di o himno], de Sheffield ao ceo, que para o caso é o mesmo.
En todas partes van cocendo as mesmas fabas, polo menos en todas as partes disto que chaman mundo “progresado” e desenvolvido e todo o demáis, co que sen dúbida están ligadas estas mortes masivas, que son nas que hoxe nos imos deter.
Non esquezan os ouvintes que ademáis de nas propias areas dos paises “progresados”, se produzen case cotidianamente estas mortes, que chamamos masivas, nas márxenes: por fame en Etiopía, polas pestes e guerrillas. Mais todas elas achacámolas ao mesmo sitio: aló arriba, ao ceo, ou como queira chamarse, e isas son tambén manifestacións das mortes masivas, cada unha no seu sitio. Aquí mórrese nas autoestradas por autos, nos estadios de fútbol... Aló, como non están excesivamente “progresados”, morren tambén masivamente pero en formas máis primitivas. Mais o un é o outro, aínda que iso non quere dizer esquecer a diferenza.
Temos que ser os vivos os que falemos destes mortos, posto que eles se negan pertinazmente a falar e a dar o seu testemuño, pois neste caso sería sumamente útil se falaran os que pareceron aplastados no estadio de futbol hai dúas semanas [Sheffield Stadium,15/04/1989]. Temos que falar nós, os que seguimos a padecer e ista ilusión de estarmos vivos é sen dúbida esencialmente iso: unha ilusión. Temos que ser nós os que preguntemos aos ouvintes e os ouvintes nos pregunten, quen foron os que morreron nese campo de fútbol, quen os que morren aínda máis masivamente cada fin de semana nas estradas de Deus, nas autoestradas de Deus. Por suposto que son Masa.
Estamos aquí a falar de mortes MASivas, sabemos que iso que [...] Comercio e Estado chaman masas, están necesiariamente compostos de individuos, de xeito que lonxe de negar a morte masiva, a morte individual, semella que a confirma...".
Máis nada, a vindeira semana máis aquí onde paran os monstros. Lembra que podes seguir os contidos de Divertimento en:
Évos aquí unha nova aventura de PENSAMENT0 3, nun dos episodios dos que máis gosto, donde Agustín García Calvo indaga coa axuda da súa audiencia oitentera [Caravana de Hormigas-Radio 3-1989] sobre a relación entre a Vida [ou o que nos vende por iso] e o Tempo [mensurábel].
Descarga o audio
Nova edición de O Souto, programa de ecoloxía e meio-ambiente de ADEGA-Trasancos apresentado por Nês na Rádio Filispim, 93.9 FM.