Pesquisar neste blog

15 outubro, 2009

5 002 Spanglish




O set list de Spanglish do pasado venres día 9 de outubro 2009 foi:


Spiritualized – Electricity

Arizona Baby – Shiralee

Fennesz – Black Sea - Perfume for Winter

Sandwich – Sugod

Jamie Cullum – Gran Torino

Brad Sucks – Fake it

Marina & the Diamonds – Obsessions

Broadcast - “Lights out”

Munich – Confusion, Lights & Sounds - While

Bart Davenport – Jon Jon

LoudBomb - The Fall Collection

Niños Mutantes – No sabías que era tu oportunidad



Descargar o arquivo

14 outubro, 2009

Komunikando #02

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqIGH2LRr3_pw8oinfAHxtjKpgG57UvZQRl2d250s3tcDT7VMUlBbrihoLRYz0QRp6Js_tgYo4bzCKqSKZPgDL3swip-58dKy2EZDFaPOyNFR3lHWaj6ReYXE7Y3ACNo_NByEy/s1600/komunikando.jpg

Os temas de hoje forom:
  • Certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán
  • Descarga o concerto de Retobato ao vivo no VI Conspirando.
  • Concertos de Kastomä em Outubro
  • Gira Outono-Inverno de Machina
  • Somos um povo de artistas!
  • Guezos libera baixo Creative Commons "8 Destinos"
  • CD Vozes Novas
  • Un adianto do novo de Dios Ke Te Crew
www.komunikando.net

Descargar o arquivo

08 outubro, 2009

C'mmons Baby! volta a Rádio FilispiM

Video promocional de C'mmons Baby! from ictioscopio on Vimeo.


En outubro de 2007 encetaba este blog anunciando a chegada de C'mmons Baby! Dous anos despois decidín facer un pequeno vídeo promocional, bilingüe galego-inglés. Agardo que vos preste, vos faga pasar un bo momento e fagades por espallar, polo mundo enteiro, as músicas que vos achego desde aquí.
Grazas a Under, por axudarme coa realización do vídeo, e a rachel por axudarme co inglés ;)

Komunikando #01

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqIGH2LRr3_pw8oinfAHxtjKpgG57UvZQRl2d250s3tcDT7VMUlBbrihoLRYz0QRp6Js_tgYo4bzCKqSKZPgDL3swip-58dKy2EZDFaPOyNFR3lHWaj6ReYXE7Y3ACNo_NByEy/s1600/komunikando.jpg

Os temas de hoje forom:
  • Zënzar, "A Tribu non Morreu"
  • Castanhazo de Mazeda 2009
  • X Aniversario do Comité de Propaganda
  • Labazada coa Bilharda e com novo EP
  • Concertos da semana
  • CD dos Cuchufellos, "Achegaivos Feligreses"
www.komunikando.net

Descargar o arquivo

03 outubro, 2009

5 001 Spanglish




Set list do Spanglish do 2 de outubro de 2009:


  • Maxïmo Park – Wraithlike
  • Arizona baby & L.A. – Standing in the way of control
  • White Rose Movement – Cigarette machina
  • Israel Kamakawiwo'Ole “IZ”- Somewhere Over The Rainbow
  • Danka Dos Hexigramas
  • Musetta – Ophelia´s song
  • Totally Enormous Extinct Dinosaurs – Bournemouth
  • The Beat – Twist and Crawl
  • Munich – Confusion, Lights & Sounds - A Long Memory From The Sky To The Floor
  • 6 pm – Tape works - Format U
  • Leftfield – Phat Planet
  • The Rakes - 22 Grand Job
  • Delorean – Seasun


Descargar o arquivo

17 setembro, 2009

Programa Especial VII FERVESTEIRO, Ferrol.

Por mór da VII edición do festival autoxestionario FERVESTEIRO, Rádio FilispiM 93.9FM, realizou un programa especial que agora podes ouvir ou descarregar ao través deste enlace. Ademáis, a FilispiM pasarao en diferido o vindeiro domingo a partir das 5 do serán.

Podes atopar o programa de actividades completo do VII FERVESTEIRO neste enlace: www.fervesteiro.org

Descargar o arquivo

09 setembro, 2009

Comeza a quinta tempada de Rádio FilispiM, 93.9 FM.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9-NBaoWObT8ocTapnExaV4J8LfyT6nnq71YMqn37VNWUFy3wWrDZcn1Ugtb28Z2Qaszy2sGO_7P3N_FJBbF8oZ464T_F91VYImj9MXYJAYhCT8ZZ7QVEn0GK0A_JwM0KZv3MJ/s1600/RFM+Informativos.jpg

Rádio FilispiM, abre o prazo de presentación de propostas de programas
para o curso 2009/2010.


O quinto curso radiofónico, 2009/2010, da radio libre e comunitaria de Trasancos está a piques de comezar. A nova programación comezará a emitirse oficialmente o xoves 1 de outubro de 2009.

Rádio FilispiM, 93.9 FM, é unha radio sen ánimo de lucro integrada no terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.

PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.
Para poder realizar o teu programas debes enviar a túa proposta antes do sábado 19 de setembro a filispina@gmail.com.

Se xa es membro do colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, lembra que debes ter as cotas ao día, requirimento indispensabel para darlle continuidade a túa proposta radiofónica.

SESIÓN VERMÚ.
Por outra banda o sábado 31 de outubro haberá unha sesión vermú presentación da nova grella, no Ateneo Ferrolán. En breve darémoste máis información desta festa.

VINDEIRA ASEMBLEA.
Por outra banda, a vindeira asemblea preparatoria da tempada de Rádio FilispiM, será o sábado 19 de setembro no Ateneo Ferrolán, coincidindo co fin de prazo de presentación de propostas radiofónicas e aboo de cotas pendentes.

EN REDE.
Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de propostas coma Nosotras en el mundo, Mapamundi, o informativo Más Voces ou Marca Branca, entre outros moitos espazos de radios irmás de todo o mundo.

Destacar o intercambio de programas que FilispiM de Ferrol e Rádio Piratona de Vigo comezaron a pasada grella, abrindo un camiño recollido no ideario da REGARLIC, Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, da que Rádio FilispiM e membra xunto a Radio Kalimera de Compostela, Radio Clavi de Lugo, Cuac FM de A Coruña, Radio Piratona de Vigo e Radio Roncudo de Corme.

Participa!!!!!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]