Post conspirar: acción filispina de reflexión logo de activar disidencia en peridodo sospeitosamente santo.
Ista podería ser unha definición do que vimos de fazer na última edición do Divertimento para pequenos monstros na Rádio FilispiM. Nela, amplificamos as reflexións dalgúns dos colectivos participantes na II Feira de Colectivos dentro da VI edición do CONSPIRANDO, ouvimos música e collimos un trauma.
Pequenos monstros, tod@s xunt@s, por Finispinilandia: Viva o mal!!! viva o Capital!!!
Na última edición de Divertimento para pequenos monstros, contamos coa presenza de Pablo do grupo punk Retobato e con Roger de Flor, ambos participantes na inminente VI edición do CONSPIRANDO que está a ponto de explosionar. Ademáis conversamos con Iago e Miguel de O Recuncho, que nos contan detalles da organización deste festival do que ademáis, o propio Colectivo Opaíí!, nos achegan novas de última hora.
Ficades co audio do Divertimento, nun formato especial de hora e media:
Compañeir@s, este sábado 4 de Abril, un novo espazo de O Recuncho. Neste novo programa prestamos especial atención aos seguintes temas:
AXUNICA é unha ONG de cooperación para o desenvolvemento económico e social de los nicaraguanos, falamos con Ana Mª Vila Montero, fundadora deste proxecto.
Tratamento especial do Festival de Radio FilispiM que se realizará o xoves 9 de Abril no "Inferniño". Falamos con André o "Pequeno Monstro".
No espazo adicado á poesía tratamos a Alfonsina Storni.
No estudo, falando con nós de Teatro están Fernando Ocampo e Esperanza Vidal que nos traen unha sorpresa en formato de serial: "Panchiño". Tamén falamos con Helga, directora teatral.
Esta é a programaçom programada do VI Conspirando por umha Rádio Libre, o festival que organiza o Colectivo OPAII para o apoio e difussom de Rádio FilsipiM, a rádio livre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol.
Data: Xoves 9 de abril de 2009
Lugar: O Inferno [Pista polideportiva da praza do Inferniño – Ferrol]
Entrada: Gratuita
ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
Programa de radio especial: Dende o estudio de Rádio Filispim, 93.9 FM, emitirase um programa especial cas voces d@s protagonistas, durante e tarde-noite do xoves 9 de abril.
Feira de Colectivos: A partir das 18:00h.
Colectivos inscritos até o momento: Rede FerrolTroca, ONG Lena, LiberaONG, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, El Militante, Espazo Libertario, Fundaçom Artábria, Briga, Coop. Xoaniña, Artefeitocaseiro, Mesa pola Normalización Lingüistica, Colectivo Opaii!–Rádio FilispiM.
O Colectivo de Uruguayos en Ferrol instalarán un “tanque” donde asarán chourizos.
A Massa Crítica Ferrolá, convoca unha “bicicletada” aberta a tod@s @s afeccionad@s que partirá baixo da carpa ás 20:00 h., en punto, para dar unha volta por Ferrol.
Todos os actos na Praza do Inferniño levaranse ao cabo baixo umha carpa, con entrada de balde.
Colaboran:
Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural "Castelo de Moeche",Colectivo Fervesteiro e a Concellaría de Cultura – Ferrol.
Apoiam:
A.VV O Rosario-Inferniño, A.VV Ensanche A, Colectivo Ártabra21, Fundaçom Artábria, Marcha Mundial das Mulleres, Pizzería Rincón Argentino, Ganya GrouShop, Pub Manchita Cosa, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ONG Lena, A.C. Fuco Buxán.