Pesquisar neste blog

29 setembro, 2010

Programa Especial Rádio FilispiM - Folga Xeral 29 Setembro [2010]


Rádio FilispiM realizou um programa especial de 2 horas e media cubrindo a Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, o programa foi realizado na manhá do 29, de 11:30 a 14:00hs.

Podes escoitar diferentes intervençons de pessoas que assistirom aos piquetes, às diferentes manifestaçons e actos convocados na comarca assim como chamadas telefónicas e parte dos discursos finais das manis.

Descargar o audio

26 setembro, 2010

Rádio FilispiM, realizará un programa especial Folga Xeral, 29S.


Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará este mércores 29 de setembro un programa especial Folga Xeral, 29S, a partir das 11:30 da mañá. O programa incluirá intervencións dende a rúa ou centros de traballo, ao través do noso telefone de directo 675.431.341, ao que ti mesmo poderás chamar para contarnos que [te] está a pasar.
Participa!!!

Escoita e redifunde a cunha que elaboramos:

24 setembro, 2010

Rádio FilispiM, abre o prazo presentación de propostas radiofónicas para o curso 2010/2011.

Nota de prensa COLECTIVO OPAíí!- Rádio FilispiM, 93.9 FM

Un ano máis, Rádio FilispiM oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para realizaren un programa de radio.
Aqueles interesad@s deberán enviar as propostas radiofónicas [a máior brevidade e o máis detallada posíbel] ao enderezo: filispina@gmail.com

No apartado “Quen Somos?” deste blogue do Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, , atoparás toda a información relativa a nós, unha radio libre e comunitaria [terceiro sector da comunicación] que vén de cumprir un lustro de emisións e pola que teñen pasado dúcias de persoas e colectivos radioapaixoados da nosa comarca.

O pistoletazo de saída da nova configuración da grella 2010/2011 de Rádio FilispiM, que contará cunha chea de novidades e surpresas, será o vindeiro o luns 4 de outubro.

Por outra banda, informamos que Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará un programa especial seguimento da Folga Xeral en Ferrol e comarca o vindeiro mércores 29 de setembro.

Ferrol, 24 de setembro de 2010.
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM.

21 setembro, 2010

Probas son Rádio FilispiM e axuste equipas técnicas, nova ubicación do estudio en Caranza [Ferrol] 17/09/2010


Documento sonoro histórico que ten que ver co acontecido durante as probas de emisión e son de Rádio FilispiM, logo do traslado ao novo local en Caranza [Ferrol].

O audio ten capítulos emocionantes, outros alucinantes, surreais e incluso delirantes. Sempre con bon humor e comezando por rirnos de nos mesm@s, como ten que ser.

Lembra que podes comentarnos neste blogue como se escoita a nosa sintonía dende o cambio que fixemos do noso "centro emisor" [Caranza]. Inda que todo indica que a nosa sintonía agora chega moito mellor aos diversos bairros trasanqueses, queremos completar ese mapa filispiniano.

Rádio FilispiM, 93.9 FM. Sen dúbida, non há cosa igual no dial.


Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]