Pesquisar neste blog

27 janeiro, 2009

002 Aquilo que vibra

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRg0rGiBOuI-muvMRh_BV-i2l2KzO7r4sNuARyt5wNtYYlxBPZNTJHXZhOI6vMa-vTYOa_lGbr819D4gthLS9XIBfKmiAQD-hpYyIfel_QrsjnvV3ns54ai7MqEObO0vvFE9HD/s1600/aquiloquevibra.jpg
Aquilo que vibra do 26 de Xaneiro de 2009

Descargar o arquivo

008 O Recuncho

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLqSS-0wgRuOyfmBFXtH3qwtqjtFedL0U86MWpBEeXyFLsyRG7d4cXuLf01RgTSjfTNrFSfIyjfjVOaLC7QXCKjDLfnhlqwXBm-73Cj7AcsBGrCeRmjnQXG7zeihc3zLuXFxL_/s1600/orecuncho.jpg
Este sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio FilispiM,(93.9 FM) emitiuse en directo a octava edición de "O Recuncho" o programa radiofónico da A.C. "Fuco Buxán".
  • Neste programa seguiremos prestando unha gran relevancia aos sucesos acontecidos en Palestina, falando en directo vía telefónica con Mohammed Safa, representante da OLP en Galicia.
  • Estivemos na manifestación en contra dos ataque sionistas de Israel en Palestina xunto con 15.000 personas, e tivémola oprtunidade de falar con cidadáns árabes que estaban na manifestación, con representantes do grupo de xudeus antisionistas, con Antón Reixa ou con Yolanda Díaz.
  • Falaremos da homenaxe que a Asociación Memoria Histórica Democrática dedicará a Amada García, a comunista mugardesa fusilada en San Felipe un 27 de xaneiro, hai 71 anos.
  • En directo, no plató, Cholo, un dos creadores do portal de internet Komunikando.net, punto de encontro na música galega non subvencionada, e tamén socio e parte activa do Colectivo OPAII.
  • Tamén vía telefónica, falaremos con Dolores, vicepresidenta de Asociación Dereito a Morrer Dignamente, a cal nos falará da homenaxe realizada a Ramón Sampedro.
Descargar o arquivo

015 Spanglish

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8SGilzkwANl_9eaGCFbO7LP9If7FuRamVTfeYZp67KgRQufDczsq8Qffzi8lWEcalBxASO2c1z5m45_8k3kIS4xoBDYwlEFKcDDhVpa44FdZZMPwgUTSgMDtvTCb0iDY-WZCn/s1600/spanglish.jpg
Set list do Spanglish do 23 de Xaneiro de 2009
  • Senseless Things – Peel Sessions - Tangled Lines
  • Joe Crepúsculo – Supercrepus – El día de las medusas
  • The Presets – Apocalipso - My people
  • Rusted Root - Send me on my Way
  • Delorean - Into the Plateau – As time breaks off
  • Delorean – The wishbones
  • Mile I Putnici - U Dva Oka
  • Klaus & Kinski - Tu hoguera está ardiendo – Nunca estás a la altura
  • Yeah Yeah Yeahs – Show Your Bones - Dudley
  • Small Coffins – Be carefull
  • Extaxss – Sesión FM Music Festival
  • Its not not – Ups and downs
Descargar o arquivo

016 Divertimento Para Pequenos Monstros

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOTvp4JfsnVy9bMylWU268OSVWtn3ENi5o3SJl6w6-fPjxjkB6zjsuTbychMMyx0fhws-nCYdINSWPnM-pYTUueX_EaAXFlrpzOOpU7Eyng_gGrcteWVInPFGKRX5n_5te_xlF/s1600/divertimento.jpg
Na última edición de Divertimento para pequenos monstros, do pasado 22 de xaneiro falamos de:
  • Guinga. O guitarrista brasileiro agredido no aeroporto de Barajas, do que ademáis ouvimos a súa música.
  • Novidades na grella da Rádio FilispiM. Centramos hoxe a nosa atención no programa Marca Branca, que elabora semanalmente dende Rádio Zero de Lisboa, Rute Correia, e que dende hai algunhas semanas tambén difunte a FilispiM.
  • A Fundazón Vía Galego, para o fomento do intercambio cultural con outros territorios dentro do universo lingüístico galego-portugués.
  • O sindicato libertario CNT obtén un veredito favorábel fronte á SGAE.
Todos estes contidos aderezados de boa música. Deixámovos co audio para aqueles aos que non vos chegan as ondas filispinianas. Agardamos que gostedes.

Máis info. en www.pequenosmonstros.blogspot.com e radiomonstro@gmail.com

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]