Pesquisar neste blog

24 dezembro, 2008

012 Divertimento para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
Nesta edición especial fin de ano de Divertimento para pequenos monstros en Rádio FilispiM, tivemos a presenza especial de O Apalpador.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Máis info en www.pequenosmonstros.blogspot.com ou radiomonstro@gmail.com

Descargar o arquivo

21 dezembro, 2008

006 O Recuncho

[orecuncho.jpg]
Neste novo recuncho temos a conferencia de Luis Montes, coordinador do Hospital Severo Ochoa de Madrid; que nos conta o sucedido no "caso Leganés".

Tamén contamos a visita Yolanda Alegría, orfebre boliviana, que gracias a un proxecto, levado a cabo entre Solidariedade Internacional e a Obra social da Caixa Galicia; poderán incorporar á rede de comercio xusto, alfaias elaboradas por mulleres de barrios marxinais.

Ímosvos presentar á Asociación Caleidoscopio que coñecimos no Foro Social Galego.

Na nosa entrevista teremos a dous integrantes da Rede Troco e da cooperativa de A Xoaniña, Elena e Xan, cos que falaremos destas iniciativas.

Fixemos, coa axuda dun par de exemplares de El Militante, unha moi interesante análise da crise mundial a nivel do Estado Español, e das solucións do goberno a esta crise.

María Paz volve queimando historias, co seu espazo sobre ONG´s; cun conto mozambiqueño, e tamén hoxe, descubriremos á ONG Lena e á fundación Vicente Ferrer.

Unha aperta, e ata o próximo recuncho ...

Descargar o arquivo

20 dezembro, 2008

011 Divertimento para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros, tivemos no estudio en entrevista a Roger de Flor, o cabaleiro pop da Terra de Trasancos, Ferrol (Galiza).

Antes de apresentar en directo no Ateneo Ferrolán o seu segundo e último traballo titulado Naturalidad Silvestre, publicado no sello fenés Felipop discos, pasou polo estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM, pra nos falar do seu disco, de si mesmo e dos seus moitos amig@s.

Máis info en www.pequenosmonstros.blogspot.com / radiomonstro@gmail.com

Descargar o arquivo

19 dezembro, 2008

Aquilo que vibra, novo programa en Rádio FilispiM

[aquiloquevibra.jpg]

A nova proposta é dunha hora de duración e gravación quincenal. A conducción do programa correrá a cargo de Pedro Ferrández, coa colaboración (inicialmente regular e máis adiante esporádica) de Marcos Lorenzo.

Apostarán por un formato sinxelo e ameno, de música e voz, humilde na súa estructura mais cuns contidos que esperamos sorprendentes. En xeral empregarán un ton relaxado e persoal, apropiado para horarios nocturnos. A sorpresa dos contidos sustentarase nas súas afinidades co pensamento crítico e cunha certa inclinación heterodoxa, lúdica e antidogmática. Poderíase dicir que neste programa primarán as primeiras persoas, poñendo en xogo o quen son e as súas referencias vitais. Así mesmo apoiaranse en amigos/as que aporten a riqueza dos seus delirios.

Aquilo que vibra, emítese en Rádio FilispiM, no 93.9 da FM:
  • Luns ás 19h. [Directo]
  • Mércores 20hs.
  • Domingos 23hs.




Put my show and this player on your website or your social network.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]