A Xanela das Fuca sintense moi afortunadas por poder presentar no programa o quinto traballo de Barahúnda , e algo moi especial xa que como din eles e o primeiro ao que non se pode chamar «disco» xa que non existe fisicamente como tal.
Fremosas foi composto, arranxado e gravado por eles no estudo Abuin Road * entre a primavera de 2020 e finais de 2022. Exceptuando: As percusións, que foron gravadas por Txema Mawenya no seu estudo de Asturias, Ca’Mawenya, por mor do pasado confinamento; un rajão de José Luís do Pico Orjais, que polo mesmo motivo, gravou na súa casa; unha de viólalas de Xurxo Varela, gravada no Porto e o piano de Margarita Viso Soto que gravaron no Auditorio de Rianxo. Todas estas partes foron mesturadas e masterizadas posteriormente por eles en Abuin Road.
Fremosas, o álbum, habita na páxina web que creo Nacho de Alfonso no seu estudo de Pontevedra.
As percusións de Que leda, Ou anel do meu amigo e Triste and’eu velida foron gravadas anteriormente na Pousada dá Galiza Imaxinaria de Boiro por Ángel Ramallo, así como o baixo eléctrico de Que leda, que gravou no seu momento José Luis Sanz en Madrid. Todo isto foi remezclado e remasterizado para este disco por Barahunda.
O día 23 de este mes de Maio as 19h faran a presentación deste traballo na Agrupación Instructiva de Camouco , en Ares . Sera algo moi especial presentado por Eugenia Sanmartin , algo que quedará para o recordo e que non podemos perdernos.
Audios: Audio Libro Fermosas Cantigas de Amigo e Amor; Carta de Lupe Ces na concentracion de apoyo a Palestina
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La vita e bella, Nicola; Video Lyrics, libre Palestina Piova;


