Pesquisar neste blog
28 janeiro, 2026
Rúas Sonoras Programa Nº3 - 11.01.2026
Seguimos construíndo este espazo programa a programa. Neste terceiro, volvemos coas tres seccións habituais, novos temas e a mesma intención: manter viva a esencia do Rap, de onte, de hoxe e de sempre.
27 janeiro, 2026
Informativos Rádio FilispiM 27-01-2026
- Petición de mellora e recuperación da contorna do memorial ás víctimas do franquismo po rparte de diversas asociacións e entidades de Ferrol.
- A Plataforma SOS Sanidade Pública convídanos a participar na manifestación do vindeiro 1 de febreiro, ás 12h, en Compostela: “Mobilízate para defender o teu dereito á saúde”.
- O compañeiro Fer Ocampo infórmanos sobre as novidade da Asc. Cultural Memoria Histórica Democrática para os vindeiros días.
- Despejo do CSOA Escarnio e Maldizer. Compostela, estado de sitio policial. Crónica de Comochoconto.
- Resumo da manifestación do pasado 25 de xaneiro en Ferrol “Antisionismo non é antisemitismo”, convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina. En apoio a Bruno Lopes e demais persoas represaliadas pola causa palestina.
- “Noticias Dialogadas”, con Lupe e Inacio: Situaçom aberta no servizo de limpeza no concelho de Ferrol ante a iminente adjudicaçom a umha unión temporal de empresas dun contrato de 118 milhons de euros.
Concentración o 31 de xaneiro, Ferrol por Palestina.
- Peche musical con Homem em Catarse “Hipoteca”.
Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispiniana.-
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
24 janeiro, 2026
Realizamos o programa Nº20, o primeiro no ano 2026. Hoxe tamen temos a ausencia de compañeira Maribel por motivos personais.
Falamos da taxedia ferroviaria, da subida dos alquileres, da apertura de Ferrol o mar, da aparición do lobo póximo a Ferrol , da axenda cultural, de deportes da situación do Racing, do Baxi, e do Parrulo
Rematamos ca seccion de Records Guiness a cargo de Pedro.
Participantes: Jose Mª Criado; Suso Mosquera, Belen Allegue; . Pedro Batista, Sergio Sanchez.
Música que escuchamos: Sintonía Don't stop me now, (Queen); Será ( Andrés Suárez); You Got it (Roy Orbison); Tomorrow People ( Ziggy Marley); Midas (Tanxugeiras); Knockin on Heaven´s Door (Bob Dylan); Main inthe rain (MIke Oldfield); Si antes te hubiera conocido (Karol G).


(1).png)
