Pesquisar neste blog

30 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. Carga de dignidade, 2 de xuño 2013. Esteiro-Ferrol.



A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra tod@s, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda!

Artistas e creadores agrupad@s en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á dignidade, cada quen coa súa peza de roupa, batas da sanidade, batas da limpeza, batas de laboratorio ou batas de casa, xerseis, pantalóns, togas, camisolas, fundas, buzos, saias, vestidos, camisas, blusas, uniformes, chaquetas, cazadoras, traxes, mesmo a roupa das nosas crianzas, todo aquelo ao fín que pola súa forma e colorido é digno de ser pendurado, todo o que tivo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegue a conmovernos.

Chamamos a construír un monumento, pero tamén a vivir un acontecemento, con músicas, palabras e radio ao vivo. Homes e mulleres equipados con escadas e bridas van axudar a cinxir, espetar ou pendurar as vosas pezas de roupa. Será unha obra efémera, pero durante un tempo mostrará a reixa de Navantia cargada coa roupa de toda a xente, cargada de dignidade!

Ver Lugar da acción, "CARGA DE DIGNIDADE" nun mapa máis grande
  • Cartaz: 
  • Cunha radio:

  • Promo, realizada por Rádio FilispiM.

28 maio, 2013

O Recuncho nº 139


Martes, 28 de maio de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 139 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Rafael Pillado, vicepresidente de fuco buxán, con quen falaremos da próxima homenaxe a Luis Mera, Secretario do Club de Prensa.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Razón socialista nº 34”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Manuel Rivas.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Os Cempes: Circo Montecuruto.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

26 maio, 2013

Música, surf, medio ambiente - Programa nº 52 21.05.13



LOS PROXIMOS PROGRAMAS

Queríamos dedicar este programa a comentar los temas que trataremos en los próximos meses. Pero hete aquí que pocas horas antes de realizarlo la noticia del fallecimiento de Ray Manzarek se difunde por todo el mundo. Radio Filispim y cómo no Música, Surf y Medio Ambiente teníamos obligadamente que hacernos eco de la misma.

Y no solamente por la relevancia musical de The Doors, sino también por su importancia sociológica. Los Doors fueron una banda importante para que los jóvenes de aquella época, finales de los ’60, contemplasen la vida de forma muy diferente a lo entonces establecido, y no solo en los USA, sino también en Europa. Abrieron puertas –nunca mejor dicho- y ventanas. Incluso, sin desearlo, supongo, nos mostraron los riesgos de llevar las cosas al límite. Nos referimos al compañero de Ray y vocalista de la banda Jim Morrison.

De todas maneras nos quedó tiempo suficiente para repasar los –creemos- interesantes contenidos del programa en las próximas semanas.

23 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. O accidente do cargueiro na boca da Ría de Ferrol, puido ser o dun gaseiro...


O accidente sofrido por un buque cargueiro na boca da Ría de Ferrol, puido ser o dun 
gaseiro con consecuencias catastróficas.


O accidente sofrido o pasado domingo 19 de maio polo buque cargueiro “Anna”, que embarrancou na boca da Ría de Ferrol, pon unha vez máis de manifesto os riscos de navegación na canle para buques de gran tonelaxe e a dificultade de resolver imprevistos técnicos ou metereolóxicos. Non é este un suceso illado, senón que forma parte dunha serie de accidentes ocorridos xa no interior da Ría ou na súa canle de entrada. Confirma tamén os argumentos deste Comité Cidadán de Emerxencia, tantas veces feitos públicos, advertindo do perigo do tránsito no interior da nosa ría de gaseiros cargados de GNL, que incumpren ademais importantes e básicas medidas de seguridade. Se o accidente sucedido onte protagonizáseo, en lugar dun cargueiro en lastre, un gaseiro cargado de miles de toneladas de GNL, o pánico –con toda certeza– estenderíase por toda a comarca. A poboazón trataría de fuxir dunha posible explosión, ata que todas as vías de saída quedasen colapsadas. Nunca foi importante para os concellos da ría contemplar esta posibilidade e non existe por tanto ningún plan de evacuación que os veciños coñezan. Para qué alarmar? Maloserá…. total, os discursos políticos son quen de atopar argumentos para todo e ninguén se sentiría responsable… 


 Redacción Informativos RFM

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails