Pesquisar neste blog

01 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. Audios comunicado manifestación 1º maio da CIG en Ferrol.



Ao longo desta xornada do 1º de maio de 2013 milleiros de traballadores e traballadoras da nosa comarca se mobilizaron en Ferrol, secundando as tres convocatorias das diferentes organizacións e sindicatos con presenza na comarca.

Nesta primeira toma de pulso ao acontecido nesta xornada, oferecemos o audio dos comunicados lidos ao findar a manifestación do sindicato CIG no Cantón de Ferrol.

Comunicado Manifestación CIG 1º Maio Ferrol (1ª parte: Anxo Pintos).
Comunicado Manifestación CIG 1º Maio Ferrol (2ª parte: Manuel Grandal).

Comunicado Maniffestación CIG 1º Maio Ferrol (3º parte: convocatoria en defensa do ensino público).

Redacción Informativos RFM

30 abril, 2013

O Recuncho nº 135



Martes, 30 de Abril de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 135 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Celso Posada Fernández, para falar de: “1 de xuño. Europa contra a Troika”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Informativos de RNE”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: José M. Caballero Bonald
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Aute acompañado.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

Programa do colectivo do 19 de Abril de 2013


Neste Programa do Colectivo do 19 de Abril de 2013 falamos com Alex Aneiros, cantante do grupo de rock "La Sentina" que vem a presentar a súa primeira "Maketa", também fazemos um repaso da actualidade no nosso blog filispiniano lembranmdo os programas que se actualizarom e podedes escoitar esta semana na rádio.

29 abril, 2013

NOVAS LOCAIS - Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra. Cap.2º (En que se concreta)

No Capítulo Nº 2 desta serie, no tempo de información local en Rádio Filispim, ouvimos de novo a Inacio Martínez, quen hoxe nos conta en que se concreta a Rede Social de Ferrolterra.

A REDE SOCIAL DE FERROLTERRA está constituída baixo tres pés:
1º O Encontro Social de Ferrolterra, integrado por formacións políticas, organizacións sindicais, colectivos sociais e persoas que coinciden en premisas políticas, de cambio social, anticapitalistas e de contrapoder. O Encontro ademáis é unha asemblea da que xurden comisións para promover as outras dúas patas da rede social de Ferrolterra:

2º A rede de apoio mútuo, para promover á activación de ferramentas que permitan acadar o contrapoder. Dentre delas están a funcionar:
a) Un banco de tempo.
b) Un peto solidario
c) Una comisión de justicia social
d) Comisión polo dereito a unha vivenda digna  (Stop desafiuzamentos)
e) A tenda de troco
f) Compartillamento de Recursos
g) Alimentos Solidarios de Ferrolterra
(...)

3º O foro social, encargado de organizar eventos. Actualmente este foro está a programar un foro sobre o modelo enerxético e outro sobre a ría de Ferrol...

Redacción Informativos de RFM

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails