Pesquisar neste blog

27 março, 2013

O Recuncho nº 130


Martes, 26 de marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
“O Recuncho” nº 130, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Conx. Telefónica con Rafael Pillado: “Homenaxe a Hugo Chávez”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Estatísticas da dor social”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Miguel de Cervantes
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Teresa Salgueiro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

26 março, 2013

80 Vinilos/h (prog. 50) - Enciclopedia Musical Estatal 80s - Vol.9

Como Huele. Tecno-punk dende Bilbo.
Edición nº 50 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 9 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.

de CLAVEL Y JAZMÍN á COMO HUELE

Contido:
  • CLAVEL Y JAZMIN - Mechitas (Lp. Reina por un Día. Epic, 1980).
  • CLUB NAVAL - Aún (Single Aún. Hispavox, 1984).
  • CLUB NAVAL - Piensas (Single Aún. Hispavox, 1984).
  • CÓDIGO NEURÓTICO - Totus Tous (Ep. Totus Tous. Domestic, 1983).
  • CÓDIGO NEURÓTICO - Quema tanques (Ep. Totus Tous. Domestic, 1983).
  • CÓDIGO NEURÓTICO - Las Malvinas son pingüinas (Ep. Totus Tous. Domestic, 1983).
  • CÓDIGO NEURÓTICO - Cotolengo (Ep. Totus Tous. Domestic, 1983).
  • COMITÉ CISNE - Dulces horas (Maxi. Dulces Horas. EMI, 1985).
  • COMITÉ CISNE - La retirada (Maxi. Dulces Horas. EMI, 1985).
  • COMITÉ CISNE (sen Carlos Goñi) - Nunca (Lp. Instinto. Ariola, 1990).
  • COMO HUELE - Al fin almorzar (Lp. Romances y Aventuras. Ganga Records, 1984).
  • COMO HUELE - Me quieren hacer comer (Lp. Romances y Aventuras. Ganga Records, 1984).
Selección musical, comentarios e control técnico: Pequeno Monstro.


Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com.es (novo blog temático!)

24 março, 2013

Programa do Colectivo OPAII do 22 de Marzo de 2013

Neste Programa do Colectivo OPAII do 22 de Marzo de 2013, falamos de duas radios asturianas, Kras e QK que ten hen diferentes problemas com as organizaçons SGAE e AGEDI-AIE, con boas e malas novas.

Também fixemos um repaso dos programas actualizados esta semana e que podedes escoitar na radio ou pola rede.

Finalmente lembramos o día da auga con un comunicado de ADEGA e falamos um pouco de Corcoesto e a MINA DE OURO a ceo aberto que querem abrir, do sistema con cianuro e de como contaminará milheiros de litros diarios.

Ir a descargar

22 março, 2013

PONTE EN GALEGO! nº 5: un paseo polo Pontedeume medieval


O profesor do noso IES Breamo Xosé Francisco Correa levounos da man ao longo dun interesantísimo percorrido polo Pontedeume medieval dos Andrade. O exalumno do centro Brais Rei, organizador do Feirón Medieval de Pontedeume, presentounos o seu proxecto para este ano. As alumnas de 1º de ESO Alba, Delia, Lucía, e Paula, na súa sección O que queda de antes: a voz do pobo entrevistaron a veciñas e veciños de Nogueirosa e Soaserra sobre ditos populares que ainda seguen vivos. Todo presentado, como é habitual, por Carlos Mosquera, responsábel tamén da sección cultural xunto con Antonio Lozano.





Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails