Pesquisar neste blog

18 março, 2013

NOVAS LOCAIS. Chamado de Emerxencia de STOP Desafiuzamentos. Rede de Apoio Mutuo. Banco de alimentos.

En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia. Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas.  Necesítanse con urxencia cueiros para un neno (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc..  Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nesta páxina ou ben chamando o tlf: 637 567 497

Os locais habilitados polo momento para a recollida destes alimentos son: 

 Asociación Lazos Pro-Solidariedade. Dirección: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, Ferrol. Horario: Lúns a Venres de 09:00 a 14:00hs.

Asociación Cultural "Fuco Buxán". Enderezo: Rúa Armada Española n.º 32, Ferrol. Horario: Mércores de 11:30 a 13:00hs.

Tenda de Troco (Armeria Soc. Coop. Galega). Enderezo: Parte traseira do Mercado de Caranza. Horario: Lúns, Mércores e Venres de 11:00 a 13:00. Lúns, Mércores e Xoves de 17:00 a 20:00hs.

Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos". Enderezo:: Rúa Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2, (Vivendas As Rosas de Caranza), Ferrol. Para deixar axudas a calquer hora mais antes chamar por telefono ao coordenador (André) ao telefono 605455340.

Esquerda Unida Ferrol. Enderezo: Sol, 124, entrechán esquerda. Horario: Mércores de 18:00 a 20:00hs.

Colectivo Socio Cultural Andaravia. Enderezo: Rúa do Sol 111, Ferrol. Horario: Lúns, Martes e Mércores de 10:00 a 13:00hs

Envento Banco de Alimentos de Emerxencia Social no facebook:
http://www.facebook.com/events/150067935156137/

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra:

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

NOVAS LOCAIS. VI Semana da Poesía Salvaxe en Ferrol. Campaña de financiamento.

Iste ano a Semana da Poesía Salvaxe levarase ao cabo os días 24, 25, 26 e 27 de abril e xa van pola VI edición.

Nas primeiras edicións os organizadores contaron con apoios públicos, mais iste, de acordo coa tónica xeral de cambios nas Coorporacións,  e coa crise coma xustificación para un recorte máis a cultura creativa, non contan con axuda de institución algunha, incluida a do Concello de Ferrol. 

Dispostas coma están a facer realidade esta cita unha vez máis, acuden ao financiamenteo ao través do micro-mecenazgo de plataformas coma Verkami, o chamado crowdfunding para proxectos creativos, caso do colectivo organizador da Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol.
Para colaborar no financiamento da VI edición da Semana da Poesía Salvaxe, podedes consultar:

Ir a descargar

15 março, 2013

Baixo Lupa 8P 1T A Mafia clásica (2/2)

Seguimos coa mafia clásica, desta vez, unhas historietas de mafiosos, que sempre son entretidas; para seguir coa mafia en Rusia, Xapón, China, e algún que outro país.



Todo aderezado, como non, coas personaxes máis míticas da escena do cine
mafioso moderno. Eiquí  rematamos con esta mafia clásica, pero seguiremos
coa mafia, vista entón, desde outros prismas, dun mundo ... a outros, do mundo da mafia de película (ainda así real e consistente), ao mundo actual, no que impera o capitalismo con todo o que conleva ...

Baixolupa 8P 1T A Mafia II A mafia clásica (2/2) by Baixo Lupa


DIVERTIMENTO. Pepe Cunha, 10 anos abrindosedeorellas. Pablo Portero, Proxecto Zeca. STOP Desafiuzamentos Ferrolterra, ILP.

Stop Desafiuzamentos
Edición de Divertimento para pequenos monstros do xoves 14 de marzo de 2013.

Contidos:
  • No estudio Pepe Cunha, quen nos fala dos 10 anos do portal de información musical Ábretedeorellas.com. Inclúe un dó, PP Vs PP, (dende o m. 05).
  • No estudio Pablo Portero, quen nos fala da presentación o vindeiro xoves 21de marzo no Ateneo Ferrolán do documentario Proxecto Zeca, dentro das Xornadas de mostra de documentarios . Ademáis, lle tiramos da lingua...(dende o m. 30)
  • Helena Casal e Chus Lois da Plataforma STOP Desafiuzamentos de Ferrolterra comentan a campaña de información en apoio á ILP (iniciativa lexisltiva popular) entre os Deputados do PParladoiro español. Ademáis, informan de como colaborar coas persoas que está a piques de ser desafiuzadas... (dende o m. 60).
  • Axenda Divertimento (dende o m. 90).
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión en: Rádio FilispiM, 93.9 FM en Ferroterra. En Compostela, Rádio Kalimera, 107.9 FM

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails