Pesquisar neste blog
13 março, 2013
O Colectivo Opaíi!-Rádio FilispiM no Pecha Kucha Night.
Na noite do pasado venres 30 de novembro de 2102, celebrouse no Teatro Jofre a sétima edición do Pecha Kucha Night Ferrol.
O Pecha Kucha Night é un formato de presentación multidisciplinar xurdido en Tokio no ano 2003. Caracterízase polo seu formato 20 x 20, no que cada ponente dispón tan só de 20 imágenes e 20 segundos para comentar cada una de delas, o que se traduce nun total de 6 minutos e 40 segundos de creatividade comprimida.
O Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM acordou participar neste evento logo de ser convidado pola organización do Pecha Kucha Ferrol. O que vos oferecemos de seguido é o audio tirado do video, producido pola propia organización, xusto no momento en que dous integrantes do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM expoñen o porque da activación dunha radio libre e comunitaria na Comarca de Ferrolterrra.
12 março, 2013
O Recuncho nº 128

Martes, 12 de marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
“O Recuncho” nº 128, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Conexión telefónica con Paco Gracía Trigo, da Plataforma pola defensa de Corcoesto.
Invitado: Juan C. Valle “Karlotty”: VI Semana de Poesía Salvaxe.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Os “Miudiños” de Vicente Araguas
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Martín Códax
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Fuxan os Ventos
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040
11 março, 2013
Música, surf, medio ambiente - Cuadragésimo segundo programa 05.03.13
PABLO SUAREZ, TRABAJAR A CAMBIO DE NADA.
Vino al programa como es el, con naturalidad, con alegría, con ganas de pasar un buen rato. Si en vez de identificarle como Pablo Suárez decimos que hablamos de “Touch”, probablemente para mucha gente no haga falta decir nada más. Ya le conocen.
Para los que no han tenido esa suerte decirles que Pablo/Touch, es/fue el prototipo de voluntario del Pantín Classic. Ese buen puñado de personas que, a cambio de nada, arrimaron y arriman el hombro en lo que haga falta. Con generosidad y con una sonrisa permanente. Disfrutando y haciéndote disfrutar. Con este tipo de personas vivir es más fácil y mucho más agradable.
En fin, han pasado los años, pero Touch, más maduro, sigue siendo el mismo. Y eso tiene doble valor. Ah! y trajo buena música, cómo no.
A lo largo del programa lo único que le distrajo fue el comunicarse con su amigo Fran Anidos, que a través de Internet nos escuchaba en directo desde Noruega. Maravillas de la tecnología y de Radio Filispim.
10 março, 2013
NOVAS LOCAIS. 10 Marzo de 72. Os investigadores Bernardo Máiz e Eliseo Fernández, analisan o acontecido naquela xornada.
A Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao, dentro dos atos conmemorativos do 10 de Marzo día da Classe Obreira Galega, celebraron o pasado 6 de marzo de 2013 no Ateneo Ferrolán, unha palestra intitulada "Março de 72 de umha perpetiva histórica".
Durante a palestra, os investigadores Eliseo Fernández e Bernardo Máiz, analisaron a historia do movimento obreiro no noso país, dende finais do século XIX até marzo do 72, un ponto de inflexión na loita obreira no ocaso da dictadura franquista, que rematou con dous traballadores dos asteleiros do naval de Ferrol asasinados pola policía franquista, Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García. Ademáis, según Bernardo Máiz, de acordo ao publicado pola prensa internacional do momento: 169 traballadores foron detidos na bisbarra de Ferrol, 45 deles pasaron a ser xulgados por asociación ilícita e propaganda ilegal e 130 traballadores foron sancionados coa perda do seu emprego e 200 pasaron a clandestinidade.
Cada 10 de marzo conmemoramos ditos sucesos con ofrendas florais no lugar onde foron asasinados os traballadores e feridos moitos deles, así como ao través de manifestacións convocadas polos sindicatos, nunha xornada reivindicativa que coñecemos coma Día da Clase Obreira Galega.
No seguinte audio, rexistrado por Rádio FilispiM, escoitamos as verbas de Bernardo Máiz xusto no momento en que analisa o contexto, socio-politico e laboral no que se desenvolveron os sucesos de marzo do 72 en Ferrol...
Análise do acontecido naquela xornada, por Bernardo Máiz:
Ir a descargar
Escoita aquí a palestra completa de ambos historiadores, Eliseo Fdez e Bernardo Máiz:
Ir a descargar
Redacción informativos RFM
Assinar:
Comentários (Atom)

