Pesquisar neste blog

18 janeiro, 2013

PONTE EN GALEGO!, o programa do IES Breamo de Pontedeume



Segunda edición do PONTE EN GALEGO!, o programa de radio do Equipo de Normalización Lingüística do IES Breamo de Pontedeume.
Carlos Mosquera e Antonio Lozano entrevistaron a Aarón Curbeira, membro do Colectivo Terra, que é unha activa asociación que traballa pola defensa da lingua galega en Pontedeume. Carme Castro presentounos a música do grupo Arenga, cuxos representantes teremos proximamente en directo no programa.  Ainhoa Ruiz, na súa sección Dicionario vivo probou con resultado diverso o nível de coñecemento da palabra ‘chavellón´ entre persoas mozas e maiores de Pontedeume. Sara Rodríguez continuou a súa presentación do Arquivo Sonoro de Galiza e ilustrounos con diversas clases de instrumentos musicais feitos de materiais insospeitados.
Tamén contamos coa presenza de catro novas alumnas de 1º de ESO, que logo se incorporarán ás tarefas do programa: Delia, AlbaLucía e Paula Sexan benvidas!





DIVERTIMENTO - David Reboredo, Laura Bugalho, CEIVAR, Defensa Servizos Públicos

Campaña de apoio a Laura Bugalho (fai clic na imaxe)

Contidos do DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM]. Xoves 17 de xaneiro de 2013.
  • DAVID REBOREDO, ex toxicómano de Vigo ao que o Ministerio de Interior, denega o indulto pese a estar totalmente rehabilitado.
  • LAURA BUGALHO, activista social e a montaxe policial que a levou ante o Xuiz e pode que a prisión... Conexión telefónica con LAURA BUGALHO.
  • Ante as última detencións de independentistas galegos, damos voz ao Colectivo antirrepresivo CEIVAR [audio de Infozazpi Irratia].
  • Conexión coa CONCENTRACIÓN DEFENSA SERVIZOS PÚBLICOS, Praza da España, Ferrol. 
  • Axenda de Concertos.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria [Ferrol-te
rra] e Rádio Kalimera, 107.9 [Compostela].




Descarga aquí o audio con máis cualidade: Download episode [enlace provisorio].

 
Video: galizacontrainfo

Baixo Lupa 5P1T Quentin Tarantino 1 A persoa

Dun mundo a outros ... dos Irmáns Marx pasamos a este novo dobre episodio desta vez, sobre a figura do director de cine estadounidense, Quentin Tarantino. Nesta primeira volta escarbamos na súa vida e personalidade.


Descargar o audio

15 janeiro, 2013

O Recuncho nº 120




Martes, 15 de xaneiro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 120, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: Susana Alaníz, responsable da Área de Inmigración en Fuco Buxán. Solidariedade con Laura Bugallo, procesada pola súa axuda as presoas inmigrantes Sen Papeis. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Ana Belén: la ideología de la coherencia”. Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: a poeta cubana Dulce María Loynaz Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás. Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Música: “Riot Propaganda” (Los Chikos del Maiz & Habeas Corpus). Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails