Pesquisar neste blog

12 dezembro, 2012

O Recuncho nº 119


(Programa incompleto por problemas de grabación)
Martes, 11 de decembro de 2012, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 119, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Manuel Rodríguez Carballeira “Lalán”, Presidente de Fuco Buxán, con él faremos balance deste 2012 que remata recortandonos a todas e todos dereitos fundamentais pero deixándonos máis unidos e firmes na loita solidaria.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Dereitos humanos hoxe en España”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: a poeta angoleña Ana Paula Riveiro Tabares.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados,
Música: Aline Frazâo
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

09 dezembro, 2012

Programa do Colectivo OPAII [7-12-2012]


Neste Programa do Colectivo OPAII - Rádio FilispiM do venres 7 de Decembro de 2012, foi un programa especial no que os rapaces e rapazas do IES Breamo de Pontedeume figerom o seu programa piloto, antes de comezar com a súa andaina em solitário co programa "Ponte en Galego", presentarom as súas secçons, entrevistarom a SÉS, e moitas cousas mais.... ;)

08 dezembro, 2012

O Recuncho nº 118

Solventados os atrancos técnicos desta pasada tempada, volta O Recuncho. Martes, 4 de decembro de 2012, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 118, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Elena Casal, para falar da mobilización en defensa da Sanidade Pública. Carlos Varela, comentará a Xornada de Sensibilización Social e VIH. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “¿Respalda o Goberno a torura?” Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Celso Emilio Ferreiro no seu centenario. Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

Rádio FilispiM resucita a súa programación, tralo infarto.

 Continuidade RADIT
Semella de ultramundo, mais é cuestión de filispinianos. Hai unhas semanas un lóstrego provocou un infarto no software de continuidade KJABATA que utilizabamos dende o inicio das nosas emisións, en agosto de 2005. Por fin, logo de probar con diversas alternativas, localizamos o seu substituto: o RADIT. Así que xa temos a primeira resurreción filispiniana, recoñecida polo Santo Dipolo ;).

Recuperarmos a nosa programación normalizada. Dende xa, na libre e comunitária Rádio FilsipiM, escoitarás a programación 2012/2013, tal cual foi concebida no mes de setembro. Podes consultar todos os programas na imaxe da grelha ou mesmo ao pé deste blog. Na mesma imaxe, facendo clic nos programas terás informazón ampliada dos mesmos.

As principal novidade na programación 2012/2013 é a ordenación da grelha en franxas: programas de contidos xerais, programas especializados en música, informativos, o que che fará máis sinxelo identificar cando podes escoitar un ou outro contiúdo.

Canto as melloras técnicas, ademáis do novo software de continuidade, logramos un son de mellor cualidade trala adquisión dun novo computador.

Canto ao streaming, estamos tentando incorporalo no mellor tempo posíbel. Cuestións que aínda non logramos dominar [como pode ser isto? ;), o impiden por agora.  Xa temos streaming!!                    -> http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Finalizamos cun recordo especial ao vello software KJABATA, que durante tantos anos nos acompañou na FilispiM. Mágoa que non tivera evoluido, todo un clásico. Afortunadamente, podemos seguir disfrutando dun sofware de continuidade igualmente para GNU/Linux, cuestión que para nós era moi importante, por principios: o RADIT.

+ info sobre o RADIT:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails