Pesquisar neste blog

08 dezembro, 2012

O Recuncho nº 118

Solventados os atrancos técnicos desta pasada tempada, volta O Recuncho. Martes, 4 de decembro de 2012, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 118, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Elena Casal, para falar da mobilización en defensa da Sanidade Pública. Carlos Varela, comentará a Xornada de Sensibilización Social e VIH. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “¿Respalda o Goberno a torura?” Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Celso Emilio Ferreiro no seu centenario. Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

Rádio FilispiM resucita a súa programación, tralo infarto.

 Continuidade RADIT
Semella de ultramundo, mais é cuestión de filispinianos. Hai unhas semanas un lóstrego provocou un infarto no software de continuidade KJABATA que utilizabamos dende o inicio das nosas emisións, en agosto de 2005. Por fin, logo de probar con diversas alternativas, localizamos o seu substituto: o RADIT. Así que xa temos a primeira resurreción filispiniana, recoñecida polo Santo Dipolo ;).

Recuperarmos a nosa programación normalizada. Dende xa, na libre e comunitária Rádio FilsipiM, escoitarás a programación 2012/2013, tal cual foi concebida no mes de setembro. Podes consultar todos os programas na imaxe da grelha ou mesmo ao pé deste blog. Na mesma imaxe, facendo clic nos programas terás informazón ampliada dos mesmos.

As principal novidade na programación 2012/2013 é a ordenación da grelha en franxas: programas de contidos xerais, programas especializados en música, informativos, o que che fará máis sinxelo identificar cando podes escoitar un ou outro contiúdo.

Canto as melloras técnicas, ademáis do novo software de continuidade, logramos un son de mellor cualidade trala adquisión dun novo computador.

Canto ao streaming, estamos tentando incorporalo no mellor tempo posíbel. Cuestións que aínda non logramos dominar [como pode ser isto? ;), o impiden por agora.  Xa temos streaming!!                    -> http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Finalizamos cun recordo especial ao vello software KJABATA, que durante tantos anos nos acompañou na FilispiM. Mágoa que non tivera evoluido, todo un clásico. Afortunadamente, podemos seguir disfrutando dun sofware de continuidade igualmente para GNU/Linux, cuestión que para nós era moi importante, por principios: o RADIT.

+ info sobre o RADIT:

05 dezembro, 2012

80 Vinilos/h [prog. 44] - Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada 80s - Vol.3

Banzai, nos oitenta
Edición nº 44 de 80 Vinilos/h.

 - Volume nº 3 da Enciclopedia Musical Estatal Ilustrada dos 80s.
de AVIKULTORES MODERNOS á BASURA.

Contido:

- AVIKULTORES MODERNOS - Fils [Single. Fils. Discos Acuario, 1984].
- AZUL Y NEGRO - Suspense [Lp. Suspense. Polygram, 1984].
- BAJAS PASIONES - Un sueño más [Mini Lp. Un Sueño Más. Twins, 1986].
- BAJO EN NICOTINA - Juegos en la arena [Mini Lp. Contrabando en la Bahía. Edigal, 1987].
- BAJO EN NICOTINA - Contrabando en la Bahía [Mini Lp. Contrabando en la Bahía. Edigal, 1987].
- BANZAI - Voy a tu ciudad [Lp. Banzai. Hispavox, 1983].
- BANZAI - Coche rápido en la ciudad [Lp. Banzai. Hispavox, 1983].
- BAR - Cada esquina, cada sombra [Lp. Bar, 1982].
- BAR - Imagen [Lp. Bar, 1982].
- BARANDAS - El fugitivo [Lp. Chupando Rueda, 1988].
- BASURA - Esperando en la puerta del WC [Belter, 1978]
- [bola extra] ALMEN TNT - Ya nadie cree en la revolución [Single. EDA, 1979].

Locución, comentarios e realización técnica: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, 93.9 FM-Ferrol].
Información tirada de:
- http://sangrespanola.wordpress.com
http://downandroll.blogspot.com.es


Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com  [etiqueta "80 Vinilos/h"].

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails