Pesquisar neste blog

10 outubro, 2012

OFF MENTAL [músicas sen fronteiras] programa 36

Edición nº 36 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM, apresentadas polo Pequeno Monstro. Neste programa, especial CANNIBALISM

CAN,  banda seminal de nova música [krautrock] nada a finais dos anos sesenta en Colonia [Alemaña], produciu, trala súa disoluzón uns dez anos despois, unha chea de propostas en solitario de cada un dos seus pricipais integrantes: Jaki Liebezeit, Michael Karoli, Holger Czukay e Irmin Schmidt.

Este programa é precisamente un paseio por unha selección daquelas estraordinarias produzóns que a partir de 1979 gravaron, xa en solitario, os integrantes de Can trala súa disolución.

- JAKI LIEBEZEIT - Nervous breakdown [Phantomband Nowhere. Spoon Records, 1984].
- MICHAEL KAROLI - Home truths [Deluge - The Complete Version. Spoon, 1983].
- HOLGER CZUKAY - Persian love [Movies - EMI, 1979].
- HOLGER CZUKAY - Witches multiplication table [On the Way to the Peak of Normal. Spoon, 1981].
- HOLGER CZUKAY - Der osten ist rot [The East is Red. Virgin, 1984]
- IRMIN SCHMIDT & Bruno Spoerri - Rapido de Noir [Toy Planet. Spoon, 1981]
- IRMIN SCHMIDT - Alcool [Musk at Dusk. WEA, 1987]
- IRMIN SCHMIDT - Time the dreamkiler [Impossible Holidays. WEA, 1991]
Imaxe superior: CAN.
+ info en http://pequenosmonstros.blogspot.com  [Etiqueta: "serie Off Mental"].

O Recuncho nº 116



Martes, 9 de outubro 2012, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM,
O Recuncho” nº 116, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados:
Xesús Anxo López Pintos, Sectº Comarcal da CIG
Manuel A. Rodríguez Carballeira, Presidente de Fuco Buxán
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “El otro Castelao, la mujer y la Ley”
O triunfo bolivariano.
Na “Sección Poética” poetas venezolanos do século XX.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

06 outubro, 2012

Grelha provisoria de Rádio FilispiM. Tempada 2012-2013


* Fai clic na imaxe da grelha para fazela MÁIS GRANDE ;)

Solventado o problema técnico do computador volvemos a emitir en FM. Os programas en directo volverán a realizarse nas horas habituais. As emisiòn dos espazos en diferido, informativos e emisión en streaming volverán á programación en breve, logo da instalación dun novo software de continuidade que está en probas. Seguiremos informando. Grazas pola vosa atención.

05 outubro, 2012

DIVERTIMENTO - Miguel Quinteiro, activista - Carne Cruda, radio - Paco Pestes García, poetastro.

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9FM] do xoves 4 de outubro de 2012. 

Contiúdos:

- Entrevista a MIGUEL QUINTEIRO, veterano activista social de 72 anos e natural de Vigo [GZ], un dos 35 detidos e maltratados no descorrer do 25-S e xornadas posteriores en Madrid.

- Sección “48-2 Cromosomas”. Rafa Bouza dende Compostela. Comentario homenaxe ao axusticiado programa de Radio3 "Carne Cruda".

- Movilización sindical na Galiza. Manifestacións nas principais cidades do país, xoves 4 de outubro: “Non ao saqueo. Existen alternativas. Paremos ao PP. Non votes contra ti e os teus dereitos!”.

- Entrevista a PACO "PESTES" GARCIA, poetastro de Ferrol ante o seu novo proxecto: "72 poemas de amor bastardo para salvar el alma de madrugada."

-  Axenda divertimento. 





Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. 

Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta: Divertimento para pequenos monstros].


Imaxe: Miguel Quinteiro de 72 anos, arrastrado e maltratado pola policía baixo órdenes do PP.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails