Pesquisar neste blog

09 novembro, 2011

Leña Dura D.F. 5P 2T

Outra ración máis do mesmo, dalle ó play!





Descargar o audio

En Tránsito. Serie Senegal: Programa 1.

Moi boas. Por fin deu comezo este novo proxecto chamado "En Tránsito".
Neste primeiro programa ubicarémonos no espazo e na Historia para poder comprender a realidade senegalesa.
Espero que vos guste tanto escoitar este novo programa como a min facelO.
Por último, dar as grazas a Eliseo Fernández o cal colaborou neste " En Tránsito"

04 novembro, 2011

DIVERTIMENTO - Radio Sele + Mobilizazón polo emprego en Ferrol + Pablo Portero + Carrero Bianco

Edición do xoves 03/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- RADIO SELE a radio Comunitaria de Oviedo que transmite en bable, silenciada polo PSOE. Conexión telefónica con Asturias.

- MANIFESTACIÓN COMARCAL en defensa do emprego e o sector naval [domingo 6 de novembro, Inferniño, Ferrol]. Conexión telefónica con Manuel Grandal, Secretario Comarcal CIG.

- ENQUISA A PÉ DE RÚA: "Sabe da manifestación en defensa do emprego e o sector naval en Ferrol?. Síntese convocad@?". [Audio editado do programa no reprodutor ao pé].

- PABLO PORTERO: do "Outono de Cine" ao "Inverno do Concello de Ferror".

- CARRERO BIANCO: electropop. Toma de tensión ao grupo na súa totalidade, no estudio.

- AXENDA DE CONCERTOS da comarca.

Divertimento e @s monstros estamos no
Facebook.



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails