Pesquisar neste blog

03 outubro, 2011

Divertimento - Solidariedade co CSO Kukutza + Acampada Ferrol nun Pleno do Concello + Analise Foro Social Ferrolterra + RFM por fóra e por dentro

Edición nº 2 da grella 2011/2012 da FilispiM de Divertimento para pequenos monstros, apresentada por Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- Solidariedade co C.S.O. Kukutza 3 [Bilbo].

- Acampada Ferrol plántase nun Pleno do Concello verbo das "reformas constitucionais": contacto telefónico cunha da integrantes do colectivo ferrolá.

- Análise do Foro Social de Ferrolterra: todo aquel que o desexou opinou libremente sobre o evento que veu de celebrarse en Ferrol.

- Rádio FilispiM por fóra e por dentro: todo aquel que quixo compartiu opinións sobre a actualidade da radio libre e comunitaria da nosa comarca. Ademáis ouvimos as opinións recollidas cunha gravadora, ao chou, a pé de rúa.

- Axenda: recomendacións de lecer para os vindeiros días.


Descargar o programa


Descargar a enquisa [editada do programa]

02 outubro, 2011

Chocolate Por La Noticia Nº 27.


· El chiste de la semana.
· Del 10 al 1.
· 6 razones para dejar de trabajar.
· Top Gasolineras:
  • Xoxones - "Marijuli".
  • Jhon jairo Perez - "Se me murio el canario".
  • Wilfred y la Ganga - "Mi abuela".
  • Pedro el escamoso - "El pirulino".
  • L´Autentika - "La cumbia del Japón".
· Las canciones peor versionadas
  • AC/DC - "Highway to hell" en versión Folk ucraniano.
  • Queen-Bohemian Rhapsody versionada por Bad News y otra versión malísima !!!.
  • Whitney Houston - "I Will always love you" cantada por una niña.
  • Metallica - "Nothing else matters" cantada por un señor.
· Mensajes de despedida al Pulpo Paul.
· Audio "Exámen telefónico del carnet de conducir".
· Noticias absurdas.

Música:
Los caballeros de la quema - "Oxidado".


Descargar o audio

Fotos e audio X Sesión Vermú Rádio FilispiM [inclue actuacións de Quant + Die Tsunami] - 01/10/2011

Fotos tiradas na X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, o pasado sábado 1 de outubro de 2011, presentación da súa grelha 2011/2012, donde ademáis actuaron as bandas locais: QUANT [power pop] e DIE TSUNAMI [surf rock] e donde bebeuse vermú, cervexas acompañadas de riquissimos petiscos.

No reprodutor podes ouvir o audio do programa especial completo coas actuacións dos grupos [que actuaron desinteresadamente en apoio a Rádio FilispiM] e moitas voces filispinas.




Descargar o audio

29 setembro, 2011

X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, presentación da súa sétima grella.



O vindeiro sábado 1 de outubro de 2011 a partir das 12:00 h. do mediodía, o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, argalla a súa X [décima] Sesión Vermú. Vai ser no local anexo ao seu estudio, na traseira do Mercado de Caranza.

No transcurso da mesma apresentarase a grella radiofónica 2011/2012 da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, no seu xa sétimo curso radiofónico.

As persoas responsábeis dos programas de produzón propia apresentarán as súas propostas, as que se sumarán as novas incorporacións a grella da radio, dentre delas un programa de literatura, "Literalmente", e outro de música hip-hop, "Ferrolterrap".

Como é habitual a sesión vermú "filispina" estará amenizada por música. Nesta ocasión contamos coa colaboración desinteresada dos grupos locais: Quant e Die Tsunami.

Haberá petiscos, cervexa e, claro, vermú. Como a radio é autoxestionada, quen quixer colaborar no seu sostemento, poderá mercar camisolas co logo da radio e redondas chapas.

Un programa de radio en directo servirá para rexistrar e difundir a toda a comarca a nova grella da Rádio FilispiM, ao través do 93.9 FM e como novidade, tamén para o mundo en directo ao través do streaming, activando o reprodutor que se atopa neste blogue na parte superior dereita.

Máis info en: http://opaii.blogspot.com/2011/09/radio-filispim-comeza-sua-setima-grella.html


Descargar a cunha de radio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails