Fotos tiradas na X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, o pasado sábado 1 de outubro de 2011, presentación da súa grelha 2011/2012, donde ademáis actuaron as bandas locais: QUANT [power pop] e DIE TSUNAMI [surf rock] e donde bebeuse vermú, cervexas acompañadas de riquissimos petiscos.
No reprodutor podes ouvir o audio do programa especial completo coas actuacións dos grupos [que actuaron desinteresadamente en apoio a Rádio FilispiM] e moitas voces filispinas.
Descargar o audio
Pesquisar neste blog
02 outubro, 2011
29 setembro, 2011
X Sesión Vermú do Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, presentación da súa sétima grella.
O vindeiro sábado 1 de outubro de 2011 a partir das 12:00 h. do mediodía, o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, argalla a súa X [décima] Sesión Vermú. Vai ser no local anexo ao seu estudio, na traseira do Mercado de Caranza.No transcurso da mesma apresentarase a grella radiofónica 2011/2012 da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, no seu xa sétimo curso radiofónico.
As persoas responsábeis dos programas de produzón propia apresentarán as súas propostas, as que se sumarán as novas incorporacións a grella da radio, dentre delas un programa de literatura, "Literalmente", e outro de música hip-hop, "Ferrolterrap".
Como é habitual a sesión vermú "filispina" estará amenizada por música. Nesta ocasión contamos coa colaboración desinteresada dos grupos locais: Quant e Die Tsunami.
Haberá petiscos, cervexa e, claro, vermú. Como a radio é autoxestionada, quen quixer colaborar no seu sostemento, poderá mercar camisolas co logo da radio e redondas chapas.
Un programa de radio en directo servirá para rexistrar e difundir a toda a comarca a nova grella da Rádio FilispiM, ao través do 93.9 FM e como novidade, tamén para o mundo en directo ao través do streaming, activando o reprodutor que se atopa neste blogue na parte superior dereita.
Máis info en: http://opaii.blogspot.com/2011/09/radio-filispim-comeza-sua-setima-grella.html
Descargar a cunha de radio
Sin Fronteras 2T 42P
-Foro Social de Ferrolterra.
-A Coruña: Manteros sin papeles.
-Chile: Universitarios negocian con el Gobierno aunque las manifestaciones continúan.
-Bolivia: Fuerte acción policial en contra de pobladores indígenas que se manifestaban en contra de una carretera que atravesará la selva amazónica.
-Audio: Representante de DD.HH habla sobre violencia policial.
-Audio: Evo Morales se disculpa por la violencia policial.
-México: Corrupcion, 102 funcionarios públicos bajo investigación.
35 cadáveres en Veracruz.
-Audio: La corrupción istitucional en México.
-Uruguay: Paro del Transporte Público y Salud.
Mujica y Viana amenazados.
DD.HH: Prescripción de los delitos de la Dictadura Militar.
-Camerún: El planchado de senos.
-Manu Chao: Concierto por la discriminación migratoria en Arizona.
Música:
Kaïsa-"Wa".
Kaïsa-"Lonon" Jaime Roos-"Colombina".
Descargar o audio
28 setembro, 2011
O Recuncho nº 65
Martes, 27 de setembro 2011, de 18,30 a 19,30, en Internet ou no 93.9 FM Ràdio FilispiM, “O Recuncho nº 65”, programa semanal da A.C. Fuco Buxán. Cos seguintes contidos:
No estudo: Juan C. Valle “Karlotti”, falará de “Lendo Poesía” a tertulia literaria.
O Espertar da Razón, de José Torregrosa: Amnistía Internacional.
O Foro Social Ferrolterra.
Os Libros, por Víctor G. Novás.
Sección Poética: León Felipe.
Música e Novas de Fuco Buxán
Descargar o audio
Assinar:
Comentários (Atom)


