Edición de O Souto, programa de ecoloxía e medio ambiente do Colectivo ADEGA-Trasancos en Rádio FilispiM, realizado o pasado 23 de maio de 2011.
O SOUTO pode ouvirse na vosa radio nos seguintes días e horas:
DIRECTO: segundas feiras [luns] de 20:00 á 21:00 h -> Chama ao Nês por telefone ao 981.37.10.40 [Tlfne. estudio Rádio FilispiM].
DIFERIDO: quintas feiras [xoves] de 12:00 á 01:00 h. da madrugá e ademáis de 10:00 a 11:00 h. da mañá. Os sábados tamén, de 16:00 á 17:00 h. Tamén podes ouvilo ou descargalo neste Podcast e mesmo en: www.osoutodeadega.blogspot.com
Contamos coa presenza no estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de Patricia e Ana, nais de nen@s e da comunidade educativa do Colexio Rural de Lago en Valdoviño, así como de José Manuel [profesor] e Juan [ANPA] da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.
Como xa é público sobre a Escola de Valdoviño existe unha ameaza seria de feche e sobre a escola de San Xoán de Filgueira unha reducción dos seus recursos humanos e de unidades pese ao incremento de alumnado. Este último centro contínua o seu feche de protesto contra estas medidas, dende o pasado xoves 30 de xuño.
Ademáis, outros centros educativos públicos da comarca de Ferrol son afectados por estoutra "reconversión", dunha o doutra maneira: Rodolfo Ucha, IES Ferrolterra, CIFP de Fene, Colexios Os Casais de Maniños e O Ramo de Barallobre, IES Fernando Esquío de Neda, Colexio San Ramón de Moeche... A nível de Galicia, estes recortes afectan a outros moitos centros, todos públicos.
Durante o programa analisouse a delicada situación dos Ensino Público na comarca de Ferrol [patrocinada paradoxalmente por quen "administra" o público -> Xunta de Galicia e os seus monaguillos], ademáis se estabeleceu un interesante diálogo cos ouvintes que chamaron a radio en directo.
Edición nº 37 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.
Nesta edición, damos a benvida a unha nova sección internacional ["Sons do Máis Aló"], comandada polo blogue chorbyradio.blogspot.com, e pinchamos as músicas de:
AZUL Y NEGRO - Technovision [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983
AZUL Y NEGRO -The Night [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983
EL AVIADOR DRO - Brigada de demolición [Lp. Alas sobre el mundo – 1982 DRO]
EL AVIADOR DRO - Cita en el Asteroide [Lp. Alas sobre el mundo - 1982 DRO]
ESPLENDOR GEOMÉTRICO – Unidad de control [demo track incluida na reedición en CD do ano 2000 da casete EG1 publicada orixinalmente por Datenvararbeitung no ano 1981]
MECÁNICA POPULAR – Daguerrotipo [Lp. Que sucede con el tiempo? - DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico]
MECÁNICA POPULAR – Máquinas y procedimientos [Lp. Que sucede con el tiempo? - DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico]