Pesquisar neste blog

23 maio, 2011

Programa do Colectivo 20/05/2011

Neste programa case exclusivo do Colectivo OPAII, falamos em directo com pessoas assistentes à acampada e assembleias de ferrol, umha representante de Democracia Real Ya desde A Corunha e um participante da acampada de Madrid na praza de Sol.


Descargar o audio

22 maio, 2011

Programa especial encontro ReGARLIC [Ferrol, 21-05-2011]

Programa especial gravado o 21 de maio de 2011 cara as 16:00 h, logo da asemblea da ReGARLIC [Rede Galega de Rádio Livres e Comunitárias] celebrada en Caranza-Ferrol, no local de Rádio FilispiM.

Na asemblea da ReGARLIC participaron as emisoras: Rádio Piratona [Vigo], Radio Roncudo [Corme], Cuac FM [Corunha] e Rádio FilispiM [Ferrol-Trasancos].

Logo do xantar os integrantes Rádio Roncudo [Juanito], Cuac FM [Manu e Lolo] e Rádio FilispiM [Iago, Miguel, Pablo, Cholo e o Pequeno Monstro], conversaron nas ondas de Rádio FilispiM, 93.9 FM, verbo dos acordos tomados e outras cuestións.

Este é o audio dese programa especial:


Descargar o audio

21 maio, 2011

Audio concentración Ferrol toma a rúa!!! [Praza de Armas] - Rádio FilispiM, venres 20-05-2011

Audio aleatorio tirado sobre as 22:00 h. deste venres 20 de maio de 2011, durante a asemblea aberta da concentración na Praza de Armas de Ferrol, convocad@s polo colectivo Ferrol TOMA A RÚA!!!

Moitas das persoas que acuden a esta convocatoria pasarán a noite concentrad@s nese punto ao igual que milleiros de persoas en outras vilas e cidades do Estado, pese ao que vén de dictar a "Junta Electoral", de non permitir concentracións nen manifestacións destes colectivos durante a "xornada de reflexión", previa á "xornada electoral" do vindeiro domingo.


Descargar o audio

20 maio, 2011

Divertimento - Ferrol toma a Rúa!!! + Concerto Bigott [Womad Cáceres, 2011] + Ciclo músicas minimalistas [Teatro Jofre-Ferrol].

Nova edición do programa de Rádio FilispiM, 93.9 FM, Divertimento para pequeno monstros.

Contidos:
- Reportaxe sobre a iniciativa Democracia Real Xa!!!, manifestacións do 15/05/2011

- Ferrol toma a Rúa!!!!. Conexión telefónica coa concentración do xoves 19 de maio de 2011, na praza de Armas de Ferrol.

- Concerto do grupo extraterrestre Bigott no WOMAD de Cáceres, 2011.

- Ciclo de músicas minimalistas no Teatro Jofre de Ferrol.



Descargar o audio

Monstro, agréganos no Facebook!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails